Nikola Tesla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 12 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Liña 84:
Algúns dos seus amigos máis próximos eran artistas. Fíxose amigo de [[Robert Underwood Johnson]], editor do ''[[The Century Magazine|Century Magazine]]'', quen adaptou algúns poemas serbios de [[Jovan Jovanovic Zmaj|Jovan Jovanović Zmaj]] (que Tesla traduciu). Tamén nesta época, Tesla foi influenciado pola [[Vedanta|filosofía védica]] (''i.e.'', [[hinduísmo]]) ensinos de [[Swami Vivekananda]]; en tal medida que logo da súa exposición a estes ensinos, Tesla comezou a usar palabras en [[Lingua sánscrita|sánscrito]] para nomear algúns dos seus conceptos fundamentais referentes á materia e a enerxía.<ref>Grotz, Toby, "''[http://arizonaenergy.org/CommunityEnergy/INFLUENCE%20OF%20VEDIC%20ON%20TESLA'S%20UNDERSTANDING%20OF%20FREE%20ENERGY.htm The Influence of Vedic Philosophy on Nikola Tesla's Understanding of Free Energy]''".</ref>
 
Aos 36 anos fóronlle outorgadas as primeiras patentes relacionadas coa alimentación polifásica e continuou coas súas investigacións sobre os principios do campo magnético rotativo. De 1892 a 1894 exerceu como vicepresidente do Instituto Americano de Enxeñeiros Eléctricos (en inglés ''American Institute of Electrical Engineers''), o precursor, xunto co ''Institute of Radio Engineers'', do actual [[Institute of Electrical and Electronics Engineers|IEEE]]. De 1893 a 1895, investigou a corrente alterna de [[Onda curta|alta frecuencia]]. El xerou unha CA dun millón de [[voltio]]s usando unha bobina de Tesla cónica e investigou o ''[[efecto pelicular]]'' en [[Condutor eléctrico|condutores]], deseñou [[Circuíto LC|circuítos LC]], inventou unha máquina para inducir o soño, [[lámpada de descarga|lámpadas de descarga]] sen fíos, e transmisión de [[enerxía electromagnética]], construíndo o primeiro [[radiotransmisor]] (adiantándose a [[Guglielmo Marconi]]). En [[St. Louis|San Luís, Missouri]], fixo unha demostración sobre radiocomunicación en 1893. Dirixíndose ao [[Instituto Franklin]] en [[Filadelfia]], [[Pensilvania]] e á ''National Electric Light Association'', describiu e demostrou con detalles estes principios. Tesla investigou a [[Radiación de fondo cósmico de microondas|radiación de fondo de microondas]]. El cría que só era cuestión de tempo para que o home puidese adaptar as máquinas á engrenaxe da natureza, declarando: «Antes de que pasen moitas xeracións, as nosas máquinas serán impulsadas por un poder obtido en calquera punto do universo».<ref>"Experiments With Alternate Currents Of High Potential And High Frequency (February 1892)</ref>
 
Na [[Exposición Universal de Chicago de 1893]] houbo por primeira vez un edificio dedicado a exposicións eléctricas. Neste evento Tesla e [[George Westinghouse]] presentaron aos visitantes a alimentación mediante [[corrente alterna]] que foi usada para iluminar a exposición. Ademais exhibíronse as [[lámpada fluorescente|lámpadas fluorescentes]] e lámpadas de Tesla dun só nodo.<ref>{{Cita libro|autor=John Patrick Barrett, ''|título=Electricity at the Columbian Exposition''. |editor= R.R. Donnelley 1894 (World's Columbian Exposition, |ano= 1893, |lugar= Chicago, |volume= Ill.) Page|páxinas= 168–169}}</ref>
 
Tesla tamén explicou os principios do campo magnético rotativo e o [[motor de indución]] demostrando como parar un ovo de [[cobre]] ao finalizar a demostración do seu dispositivo coñecido como "''Ovo de Colón''".