Célula nai pluripotente inducida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 89:
 
** '''Propiedades de división celular''': o tempo de duplicación curto correspondente a unha división ou frecuencia de [[mitose]] alta é a propiedade máis característica das células ES, xa que por definición como células nai que son, deben de multiplicarse activamente. As células iPS son tamén mitoticamente activas, dividíndose a unha velocidad igual que as células ES.
** '''Marcadores de [[célula nai|células nai]]''': as células iPS expresan nas súas membranas celulares os mesmos marcadores [[antíxeno|antixénicos]] que as células ES, segundo demostra o seu recoñecemento con [[anticorpo]]s específicos. Por exemplo as células iPS humanas expresan SSEA-3, SSEA-4, TRA-1-60, TRA-1-81, TRA-2-49/6E e Nanog, xenes que tamén se expresan nas células ES humanas, mentres que as células iPS de rato expresan SSEA-1 mais non SSEA-3 nin SSEA-4, tal e como fan as células ES de ratonrato. AContinúa a busca e investigación de novos marcadores continúa para mellorar a caracterización das células iPS (Chen, et al. 2011).
** '''Xenes transcritos en células nai''': as células iPS transcriben a maioría dos mesmos xenes que se transcriben nas células ES, tales como Oct-3/4, Sox2, Nanog, GDF3, REX1, FGF4, ESG1, DPPA2, DPPA4, TERT, etc, aínda que estudos recentes están encontrando algunhas diferenzas.<ref name=Li2011/><ref name=Narsinh2011/>
** '''Actividade de telomerase''': a [[telomerase]] é un [[encima]] necesario para manter a [[mitose|división celular]] sen a limitación natural dunhas 50 divisións celulares ([[límite de Hayflick]]). Tanto as células iPS coma as ES humanas expresan unha actividade de telomerase moi alta para manter a súa autorenovación e proliferación. Ademais expresan a [[transcriptase inversa]] da telomerase, un compoñente necesario para que actúe a telomerase.