Célula nai pluripotente inducida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 74:
A xeración de células iPS depende de que se usen os xenes axeitados para a indución da reprogramación. Ata agora identificáronse os Oct-3/4 e varios membros da familia dos xenes Sox (Sox1, Sox2, Sox3, Sox15) como xenes indispensables para inducir a reprogramación. Por outra parte, xenes tales como os das familias dos factores [[Kruppel]] (Klf1, Klf2, Klf4, Klf5), Myc (c-myc, L-myc, N-myc), Nanog e LIN28, identificáronse como xenes implicados en aumentar a eficiencia de reprogramación. Máis en detalle:
* '''Xenes indispensables na reprogramación'''
** '''XenesXene [[Oct-3/4]]''': o Oct-3/4 (Pou5f1) é un dos xenes da familia dos factores de transcrición de estrutura octamérica, coñecido polo seu papel no mantemento da pluripotencia e do potencial de diferenciación das células ES. A ausencia de Oct-3/4 en células que son naturalmente Oct-3/4<sup>+</sup>, tales como os [[blastómero]]s e as células ES causa a súa diferenciación espontánea. Outros xenes da familia Oct, como Oct1 e Oct6, non producen indución da reprogramación, demostrando a especificidade de Oct-3/4.
** '''Xenes [[Sox]]''': a familia de xenes Sox está asociada ao mantemento tanto da pluripotencia como da multipotencia mentres que os xenes Oct-3/4 están exclusivamente implicados no mantemento da pluripotencia. O xene Sox2 foi o que se utilizou inicialmente, pero despois demostrouse que tamén se poden usar outros xenes da familia Sox. Por exemplo o Sox1 induce células iPS cunha eficiencia similar a Sox2, mentres que os xenes Sox3, Sox15 e Sox18 tamén inducen células iPS pero con menor eficiencia.
* '''Xenes que aumentan a eficiencia da reprogramación'''