Célula nai pluripotente inducida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 44:
=== Moléculas de baixo peso molecular ===
 
Unha das principais estratexias para evitar a mutaxénese insercional é o uso de moléculas de baixo peso molecular (comparadocomparadas coas [[proteína]]s ou os [[ADN]]s) como substitutivos dos efectos dos factores de transcrición. Estas moléculas poden incrementar a eficiencia de reprogramación compensando o efecto do factor reprogramador. Debido a que non son ADN, ditas moléculas tamén evitan a integración xenómica aumentando así a seguridade. Aínda que polo momento non se puido identificar unha mestura de moléculas que reprograme completamente as células adultas a pluripotentes, existen algúns exemplos que aumentan a eficiencia ou mesmo poden substituír algúns dos xenes.
 
Os primeiros estudos describindoque describían algunhas destas estratexias realizáronse en 2008. Por exemplo, o [[ácido valproico]], un inhibidor da [[histona descetilase]], aunmentouaumentou a eficiencia de reprogramación unhasmultiplicándoa 100por veces100.<ref>Huangfu D, Maehr R, Guo W, Eijkelenboom A, Snitow M, Chen AE, Melton DA ('''2008'''). "Induction of pluripotent stem cells by defined factors is greatly improved by small-molecule compounds". Nat Biotechnol 26 (7): 795-797. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/18568017).</ref> Suponse que o ácido valproico simula os sinais do factor de transcrición c-Myc. Propúxose Unun tipo similar de mecanismo para o BIX-01294, un inhibidor da [[histona metiltransferase]] que simula os efectos do Sox2.<ref>Shi Y, Desponts C, Do JT, Hahm HS, Scholer HR, Ding S ('''2008'''). "Induction of pluripotent stem cells from mouse embryonic fibroblasts by Oct4 and Klf4 with small-molecule compounds". Cell Stem Cell 3 (5): 568-574. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/18983970).</ref> A simulación doutros sinais é un tema de activa investigación (Chen, et al. 2011).
 
Outra estratexia estaba baseada no estudo da ruta molecular natural de diferenciación das [[célula mesenquimal epitelial|células mesenquimais a epiteliais]] na que interveñen [[TGF-beta]] (Factor de Transformación beta) e MEK (quinase das proteínas epiteliais activada por mitóxenos). Primeiro seleccionáronse dous inhibidores de TGF-beta e MEK entre aqueles que non só inhibían a diferenciación senón que tamén eran os máis activos en reprogramación (SB431412 e PD0325901). Cando se usaron estes dous inhibidores en combinación, multiplicouse aproximadamente por 100 a eficiencia de reprogramación. Despois investigouse dunha maneira similar, a ruta molecular natural empregada para manter a supervivencia celular. Así, despois de ensaiar en reprogramación varios compostos que inhiben dita ruta, seleccionouse o Thiazovivin. Usando unha mestura destes tres inhibidores consiguiuse unha mellora na eficiencia de reprogramación, que se multiplicou case por 200.<ref>Lin TX, Ambasudhan R, Yuan X, Li WL, Hilcove S, Abujarour R, Lin XY, Hahm HS, Hao E, Hayek A et al ('''2009'''). "A chemical platform for improved induction of human iPSCs". Nature Methods 6 805-U824. </ref>