Célula nai pluripotente inducida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 111:
As células iPS estanse aplicando ao estudo de doenzas xenéticas humanas: i) como modelos in vitro de enfermidades para desenvolver medicamentos específicos, ii) considerando o seu uso como posible tratamento individual en medicina rexenerativa, e iii) utilizándoas para investigación básica. Para adiantarse a estas posibles aplicacións, xa se comezou a estudar a organización de bancos de células nais.<ref>Taylor CJ, Bolton EM, Bradley JA ('''2011'''). "Immunological considerations for embryonic and induced pluripotent stem cell banking". Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci 366 (1575): 2312-2322. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21727137).</ref>
 
[[Ficheiro:AplicacionesCélulas iPS-GL.jpg|miniatura|500px|'''Esquema da xeración e aplicacións das células iPS'''. As células iPS poden derivarse de cada paciente. Unha vez obtidas, amplifícanxe por división celular e parte delas consérvase conxelada en nitróxeno líquido. As súas aplicacións son: i) como modelos in vitro de enfermidades para desenvolver medicamentos específicos, ii) para o seu uso como posible tratamento individual en medicina resenerativa, e iii) utilizándoas para investigación básica.]]
 
* '''Modelos in vitro de enfermidades '''. Para o seu uso como modelos in vitro de enfermidades específicas de cada paciente, as células iPS derívanse dos pacientes correspondentes. Por exemplo, en 2011 publicáronse traballos con células iPS desenvolvidas a partir de pacientes con varios tipos de síndromes raras,<ref>Ananiev G, Williams EC, Li H, Chang Q ('''2011'''). "Isogenic pairs of wild type and mutant induced pluripotent stem cell (iPSC) lines from Rett syndrome patients as in vitro disease model". Plos One 6 (9): e25255. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21966470).</ref><ref>Priori SG ('''2011'''). "Induced pluripotent stem cell-derived cardiomyocytes and long QT syndrome: is personalized medicine ready for prime time?". Circ Res 109 (8): 822-824. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21960720).</ref><ref>Sheridan SD, Theriault KM, Reis SA, Zhou F, Madison JM, Daheron L, Loring JF, Haggarty SJ ('''2011'''). "Epigenetic characterization of the FMR1 gene and aberrant neurodevelopment in human induced pluripotent stem cell models of fragile X syndrome". Plos One 6 (10): e26203. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/22022567).