Célula nai pluripotente inducida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 33:
* '''Eficiencia''': é un problema que afecta o proceso de obtención de células iPS. A eficiencia ou porcentaxe de obtención de células reprogramadas é aínda moi baixa. Por exemplo, a porcentaxe de reprogramación no estudo en ratons de Yamanaka foi só do 0,1-1%<ref name="ReferenceA"/> Esta porcentaxe tan baixa pode deberse á necesidade de que coincidan distintos niveis de expresión de varios dos xenes exóxenos transfectados. Tamén podería ser debido á necesidade de cambios xenéticos ou epixenéticos na poboación de células diana tal e como suxire a necesidade de tempos longos de cultivo. A optimización da reprogramación segue sendo obxecto de estudos recentes (Chen, et al. 2011)<ref>Dick E, Matsa E, Bispham J, Reza M, Guglieri M, Staniforth A, Watson S, Kumari R, Lochmuller H, Young L et al ('''2011'''). "Two new protocols to enhance the production and isolation of human induced pluripotent stem cell lines". Stem Cell Res 6 (2): 158-167. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21095172).</ref> e constantemente se producen novos avances.<ref name="pmid18029452">{{cite journal |authors = Yu J, Vodyanik MA, Smuga-Otto K, Antosiewicz-Bourget J, Frane JL, Tian S, Nie J, Jonsdottir GA, Ruotti V, Stewart R, Slukvin II, Thomson JA | title = Induced pluripotent stem cell lines derived from human somatic cells | journal =Science|volume = 318 | issue = 5858 | pages = 1917–20 | date =diciembre de 2007|pmid = 18029452 | doi = 10.1126/science.1151526}}</ref> Por exemplo, para obter unha máxima eficiencia, nos primeiros métodos descritos compría que as células iPS crecesen sobre unha capa de células alimentadoras que aínda que estaban inactivadas supoñían unha posible fonte de contaminación. Novos métodos conseguiron facer crecer células iPS en ausencia de ditas capas en boas condicións<ref>Chung HC, Lin RC, Logan GJ, Alexander IE, Sachdev PS, Sidhu KS ('''2011'''). "Human Induced Pluripotent Stem Cells Derived Under Feeder-Free Conditions Display Unique Cell Cycle and DNA Replication Gene Profiles". Stem Cells Dev (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21506733).</ref> e durante tempo prolongado.<ref>Nemati S, Hatami M, Kiani S, Hemmesi K, Gourabi H, Masoudi N, Alaei S, Baharvand H ('''2011'''). "Long-term self-renewable feeder-free human induced pluripotent stem cell-derived neural progenitors". Stem Cells Dev 20 (3): 503-514. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/20632795).</ref>
 
* '''Mutaxénese insercional''': é un problema que afecta as posibles aplicacións en medicina rexenerativa. A inserción dos xenes exóxenos que codifican os factores de transcrición no [[xenoma]] da célula diana limita a súa utilidad debido ao risco de [[mutaxénese]] insercional no xenoma das células diana.<ref>Selvaraj V, Plane JM, Williams AJ, Deng W ('''2010'''). "Switching cell fate: the remarkable rise of induced pluripotent stem cells and lineage reprogramming technologies". Trends Biotechnol 28 (4): 214-223. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/20149468).</ref> As mutacións introducidas poeden ser deletéreas ou inducir tumores. Unha estratexia para evitar a mutaxénese insercional é o uso de vectores alternativos. Para iso exploráronse [[plásmido]]s, [[adenovirus]] e [[transposón]]s, que aínda que reducen as posibilidades de mutaxénese insercional, teñen unha eficiencia de reprogramación menor.<ref>Okita K, Nakagawa M, Hyenjong H, Ichisaka T, Yamanaka S ('''2008'''). name="Generation of mouse induced pluripotent stem cells without viral vectorspmid18845712". Science 322 (5903): 949-953. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/18845712).</ref><ref>Stadtfeld M, Nagaya M, Utikal J, Weir G, Hochedlinger K ('''2008'''). "Induced pluripotent stem cells generated without viral integration". Science 322 (5903): 945-949. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/18818365).</ref><ref>Woltjen K, Michael IP, Mohseni P, Desai R, Mileikovsky M, Hamalainen R, Cowling R, Wang W, Liu P, Gertsenstein M et al ('''2009'''). "piggyBac transposition reprograms fibroblasts to induced pluripotent stem cells". Nature 458 (7239): 766-770. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19252478).</ref> Outras estratexias que empregan [[proteína]]s ou [[ARN]] tamén teñen unha eficiencia menor. Por último, o emprego de moléculas de baixo peso molecular que simulan o efecto dos factores de transcrición parece hoxe por hoxe a alternativa máis esperanzadora.
 
* '''Tumores''': é un problema que afecta as posibles aplicacións en medicina rexenerativa. Algúns dos xenes reprogramadores son [[oncoxene]]s, o que aumenta a probabilidade de indución de tumores.<ref name="ReferenceB">{{cite journal |authors = Yamanaka S | title =Patient-specific pluripotent stem cells become even more accessible | journal = Cell Stem Cell | volume = 7 | issue = 1 | pages = 1–2 | date=julio de 2010 | pmid = 20621038 | doi = 10.1016/j.stem.2010.06.009}}</ref> Aínda que se puido eliminar o c-Myc despois de xerar células iPS para eliminar a formación de tumores,<ref name=nakagawa2008/> cómpre realizar máis estudos. Parece existir un equilibrio entre a eficiencia da reprogramación e a formación de tumores, xa que a inactivación ou eliminación do xene supresor de tumores [[p53]], aumenta a eficiencia de reprogramación.<ref>Marion RM, Strati K, Li H, Murga M, Blanco R, Ortega S, Fernandez-Capetillo O, Serrano M, Blasco MA ('''2009'''). "A p53-mediated DNA damage response limits reprogramming to ensure iPS cell genomic integrity". Nature 460 (7259): 1149-1153. (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/19668189).</ref>