Tutankhamon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5469472 de 46.222.144.230 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
m →‎Cronoloxía: arranxiños
Liña 100:
 
[[Ficheiro:Tutankhamun oriental institute Chicago.jpg|miniatura|200px|Estatua de Tutankhamon, no ''Oriental Institute'', Chicago, EEUU]]
O que se pode tomar con relativa certeza é a idade aproximada da morte de Tut-ankh-atón (posteriormente cambiado baixo a ideoloxía tebana a Tutankhamon Hekaiunushema), dándose un intervalo que vai desde os 17 aos 19 anos de idade no momento de atopar a morte. Estas evidencias proveñen da momia, máis precisamente do desenvolvemento óseo do esqueleto do rei-neno. Agora ben, a esa mesma idade, procreouno [[Amenofis III|Amenhotep III]], ou o seu fillo [[Akhenatón|Amenhotep IV]] ([[Akhenatón]] ou "O faraón herexe"). E aquí é onde se empeza a complicarse o tema dos lapsos de tempo. Se se considera que o reinado do herexe tivo un lapso de duración duns 17 anos, é menos probable a posibilidade de ser irmán do herexe no canto de ser un fillo (ou sexa fillo de [[Amenofis III|Amenhotep III]] directamente).
 
A hipótese máis consistente é que Tutankhamon sexa fillo de [[Akhenatón]] e dunha segunda esposa do harén real, [[Kiya]], quen é a única persoa do harén real mencionada á parte da gran esposa real [[Nefertiti]]; fóra destas dúas, ningunha outra integrante do harén pasou á posteridade por mención nalgún [[ronsel]], monumento, papiro ou o que sexa, e o máis elocuente da mención de [[Kiya]] é "a miña amada esposa real Kiya". Esta importancia dentro da corte real, debe ser por dar un fillo home ao rei como sucesor (recórdese que [[Nefertiti]] unicamente o proveu de mulleres, como os murais das tumbas de Tell el-[[Amarna]] ([[Akhetaton]]) pintan moi ben), e tamén xustificaría o casamento dun fillo de [[Kiya]] cunha filla de [[Nefertiti]], reforzando o seu carácter de realeza.