Casa romana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
== Orixe ==
O termo ''domus'' é moi antigo, de etimoloxía [[Linguas indoeuropeas|indoeuropea]] (''*domh<sub>2</sub>s''-), que designaba a casa en tanto que institución familiar e ten a súa orixe na raíz ''*demh<sub>2</sub>-'', ''construír''<ref>[[Helmut Rix|RIX, Helmut]]: ''[[Lexikon der indogermanischen Verben]]'', ''s. u. 1 demh<sub>2</sub>'', pp. 114-116.</ref>. A súa forma arcaica é coñecida polas furnasurnas funerarias atopadas nas [[Necrópole|necrópoles]] do antigo [[Foro Romano]], as cales tiñan forma dunha cabana redondeada cunha única habitación. Os vestixios atopados no [[Outeiro Palatino|Monte Palatino]] e datados no século VIII a. C. confirman esta inicial planta arquitectónica tan modesta.
 
A influencia [[Etruscos|etrusca]] de finais do período da [[monarquía romana]] ve nacer a ''domus'' cunha estrutura rectangular e con varias habitacións. Con todo a morada permanecía cun estilo rústico, como testemuña a designación da casa pola palabra ''hortus'' ("horta") utilizada na [[Lei das Doce Táboas]],<ref>Grimal, Pierre (1999). La civilización romana. Barcelona: Paidós ibérrica. ISBN 84-493-0687-6</ref> e que se traduce na relación aínda estreita entre a vivenda e o seu xardín pechado.