Templo de Santalla de Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Fago modificacións menores, esparexidas entre o texto, entre elas a do pé da última foto. Introduzo a hipótese do monumento funerario entre os usos do templo, que alargarei en canto teña máis datos.
Liña 21:
 
== Arredores ==
Santalla de Bóveda atópase a uns 14 km ao suroeste da cidade de Lugo, no val do [[Río Mera, río Miño|río Mera]]. Este val é dunha gran riqueza arqueolóxica, pois sitúanse nel máis de media ducia de castros. O máis próximo é o de Corvazal, situado a pouco máis de medio quilómetro do templo. Con todo, trátase de castros con extensións inferiores a unha hectárea. Tamén se deron numerosos achados de procedencia romana, como a [[estela de Crecente]], que se atopou na parroquia de San Pedro de Mera. Ademais a [[Vía XIX]] transcorría polo val paralela ao río, pasando a uns dous quilómetros de Santalla.
 
Ademais a [[Vía XIX]] discorría polas inmediacións do templo. Aínda que o trazado exacto da vía nesta área está aínda en discusión, suponse paralela ao río e pasaría a uns dous quilómetros ao sur de Santalla. Nunhas escavacións de 2002 atopáronse restos dunha calzada romana case ao pé do templo. O profesor Montenegro Rúa inclínase por considerar que se trate dun ramal secundario desta vía, quizais o camiño que unía Lucus co [[campamento romano da Ciadella]], no concello de Sobrado dos Monxes<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=428 e ss.}}</ref>.
 
== Estrutura ==
Liña 35 ⟶ 37:
No fondo da nave ábrese a [[ábsida]], na que se ve unha porta, construída posteriormente ó templo, pola que se ascendía á planta alta. Nas paredes laterais da nave ábrense dúas [[nicho|fornelas]] e, na parede frontal, a ámbolos lados da porta, ábrense dúas pequenas ventás con arcos de descarga triangulares.
 
Nos [[perpiaño]]s da fachada pódense ver diversos [[Relevo (escultura)|relevos]] moi erosionados e de dubidosa interpretación. En dous represéntanse dous grupos de cinco mulleres danzantes con cadanseu arco floral entre dúas columnas; noutros dous perpiaños represéntase unha soa figura tamén cun arco floral. Estas figuras lembran a disposición de moitas danzas populares en que os participantes se acompañan de grilandas de flores, polo que é común referirse a elas como "danzantes". Outro relevo representa dúas figuras humanas tolleitas, unha das pernas e outra dos brazos. Outro, un animal que algúns identifican cun león. Finalmente, noutro hai unha ave -que algúns interpretan como unha avestruz- sobre unha pértega.
 
Estes relevos (concretamente o das figuras humanas lisiadas) pretenden xustifica-la teoría de que a orixe do templo foi un santuario para a curación dos enfermos. Do mesmo xeito, as aves representadas nas pinturas murais quérense relacionar cun posible uso do templo como oráculo.<ref>Mesmo existe a teoría de que o espazo comprendido entre o muro perimetral e as paredes propias do templo estaba ocupado con caixas nas que se mantiñan estas aves vivas, de modo que o seu canto resoase no interior da nave, teoría que hoxe se cualifica de "''extremo erro''" por canto se trata dunha cámara illante da humidade do terreo.</ref>
Liña 65 ⟶ 67:
 
== Hipóteses de uso ==
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-22.JPG|miniatura|250px|Relevo nadunha fachada.''danzante'' nun dos perpiaños]]
 
Desde as primeiras escavacións houbo diferentes teorías sobre a orixe e funcionalidade do templo. Estas teorías baseábanse sobre os diferentes elementos que se ían atopando, por veces cronoloxicamente discrepantes, e ningunha delas ten, polo de agora, o acordo dos arqueólogos e historiadores. Para os distintos autores foi templo pagán destinado ós deuses [[Mitra (mitoloxía)|Mitra]] ou [[Cibeles]], templo romano, tumba de [[Prisciliano]], santuario para a curación de tolleitos e enfermos, ou mesmo templo visigodo. Outro posible uso pode se-lo funerario, que se deduce do achado dunha estela funeraria reutilizada como chanzo da escaleira que accedía desde a planta superior. Posiblemente, a realidade reúna varios destes usos ó longo dos séculos ata o seu abandono definitivo que explica a perda da súa memoria.
Liña 76 ⟶ 78:
=== Templo de Cibeles ===
Unha teoría proposta por Carlos Sánchez-Montaña defende a tese de que se trataba dun templo dedicado á deusa [[Cibeles]]. Baséase na presenza das aves nas pinturas e, especialmente, da representada nun dos relevos exteriores que se quere identificar cunha [[avestruz]], como personificación zoomórfica da deusa. Tamén se relaciona con Cibeles outro relevo representando un león, tamén símbolo da deusa. A maiores, recuperáronse nas obras de escavación tres ménsulas ou [[canzorro]]s -que se conservan no inmediato centro de atención ós visitantes- que representan un león, un tambor e uns motivos florais que tamén simbolizarían a deusa.
 
=== Monumento funerario ===
Helmut Schlunk, especialista en arte altomedieval peninsular, defendeu esta teoría xa nun artigo de 1935. Sostiña esta atribución en exemplos de templos semellantes no Mediterráneo Oriental, así como nos relevos. En concreto, poñía en relación as representacións das mulleres danzantes con relevos semellantes en templos funerarios da Vía Latina de Roma<ref>{{Cita tese|título=Santa Eulalia de Bóveda: Estudio histórico-arqueológico y propuesta interpretativa del monumento y su entorno|url=https://repositorio.uam.es/handle/10486/675383|data=2016-01-21|nome=Enrique Jorge|apelidos=Rúa Montenegro|institución=[[Universidade Autónoma de Madrid]]|lingua=es|data-publicación=21 de xaneiro de 2016|páxina=459 e ss.}}</ref>.
 
== Notas ==