Lingua éuscara: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 6:
| corfamilia = Lingua illada
| estados = [[España]] e [[Francia]]
| rexión = {{PVAb}} [[País Vasco]] e<br>{{NAVb}} [[Navarra]] ([[España]]),<br/>{{FRAb}} [[País Vasco francésIparralde]] ([[Francia]])
| falantes = 1&nbsp;033&nbsp;900 (2011)<br/>Lingua materna: 714&nbsp;136<ref name=V.inkesta>Eusko Jaurlaritza: ''V. Inkesta Soziolinguistikoa'', Eusko Jaurlaritzaren Argitalpen Zerbitzu Nagusia, 2011.</ref>
| posición = ''Non está entre as 100 máis faladas.''
| escrita =
| oficial = [[País Vasco]] e [[Navarra]] en ([[España]]).
| regulador = [[Euskaltzaindia]]
| iso1 = eu
Liña 25:
Por non ter linguas parentes coñecidas, o vasco é claramente diferente das outras linguas europeas, particularmente daquelas (que son a gran maioría) que teñen relacións de parentesco entre si no interior da familia [[linguas indoeuropeas|indoeuropea]]. Por mor diso, creáronse sobre o éuscaro un gran número de ideas sen base lingüística, tales como o vasco é a lingua máis complexa do mundo; tódolos verbos son pasivos; e moitas outras falsidades. En realidade, o éuscaro é unha lingua coma outra calquera. A súa estrutura sentencial é practicamente idéntica á do [[turco]] ou do [[xaponés]]. A súa [[Morfoloxía (lingüística)|morfoloxía]] é, esa si, bastante pouco común en [[Europa]], mais fóra de Europa poden atoparse sistemas morfolóxicos semellantes ao do vasco en centenas doutras linguas.
 
Hoxe, o vasco está presente en nomes de empresas, institucións, actores políticos e sociais, así como etiquetas e sinais, na zona delimitada polo [[País Vasco]] e, [[Navarra]] e [[Iparralde]].
 
== Distribución xeográfica ==
Dentro de [[España]], o éuscaro fálase no [[País Vasco]] ([[Áraba]], [[Biscaia]] e [[Guipúscoa]]) e na [[Navarra|Comunidade Foral de Navarra]]. Dentro de [[Francia]] fálase nunha zona integrada dentro do departamento dos [[Pireneos Atlánticos]], nos territorios de [[Lapurdi]], [[Baixa Navarra]] e [[Zuberoa]]; a estes tres últimos comunmente se lles denomina [[País Vasco francésIparralde]] ou ''Iparralde'' (Norte) ou País Vasco francés.
 
Antes da industrialización o éuscaro usábase por parte da maioría dos habitantes das zonas vascofalantes históricas. Segundo os datos de [[1867]] manexados por [[Ladislao de Velasco]], falábase por 170.000 dos 176.000 habitantes de Guipúscoa, 149.000 dos 183.000 biscaíños (dos que 6.000 eran estranxeiros e 28.000 vivían no distrito de [[Balmaseda]]-[[Enkarterri]], onde non se falaba dende tempos afastados), 12.000 dos 120.000 arabeses, 60.000 dos 300.000 navarros e 80.000 dos 124.000 habitantes do País Vasco francés.