Eleutherodactylus coqui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Reprodución: Estación das chuvias
Liña 76:
== Reprodución ==
 
Reprodúcense durante todo o ano, pero o pico de actividade reprodutora é na [[Estación das chuvias|estación húmida]]. As femias poñen normalmente entre 16 e 40 ovos, de catro a seis veces ao ano, en intervalos de oito semanas. Os ovos son protexidos poos machos dos predadores, como poden ser outras ras da súa especie ou caracois ''[[Subulina]]''.<ref name="Henderson and Schwartz, p.42"/> O [[período de xestación]] é de 17 a 26 días. O período de maduración, é dicir o tempo que vai desde o ovo ao adulto reprodutor, é duns oito meses.
 
A diferenza da maioría das ras, que poñen os seus ovos na auga, os ''E. coqui'' póñenos en follas de palmeiras ou outras plantas terrrestres. Tamén usan niños de aves abandonados como lugar de posta. Paxaros como o ''[[Coereba flaveola]]'', o ''[[Loxigilla portoricensis]]'' e o ''[[Todus mexicanus]]'' comparten os seus niños con esta ra.<ref name=issg/> Este método de reprodución permite que o coquí viva en bosques, montañas e outros hábitats sen ter unha dependencia directa da auga. Como pon os ovos en terra, esta especie non pasa polo estadio de [[cágado]], e desenvolve as extremidades dentro do ovo, en vez de pasar por unha [[metamorfose]] como larva acuática. Así, eclosionan do ovo raíñas xa completamente independentes, pero cunha pequena cola que perden pouco despois. Este estadio de desenvolvemento directo permitiu que sexa un exitoso colonizador terrestre en áreas tropicais. Os ovos eclosionan en oito semanas e o animal chega á madurez reprodutora nun ano. As crías liberanse do ovo usando un dente do ovo que se foma no xénero ''Eleutherodactylus''. Tanto os machos coma as femias espantan os intrusos que se achegan aos seus niños choutando, perseguindo e ás veces trabando. Os machos son os principais coidadores dos ovos, aos que ofrecen protección e un ambiente húmido por contacto coa súa pel. Abandónanos durante os períodos moi secos para ir recoller máis humidade para a súa descendencia.<ref>{{Cite journal|last=Walsh,|first=Joseph S.|date=September 1992|title=Amphibians and Reptiles of the West Indies: Descriptions, Distributions, and Natural History.Albert Schwartz , Robert W. Henderson|url=https://www.journals.uchicago.edu/doi/abs/10.1086/417717|journal=The Quarterly Review of Biology|language=en|volume=67|issue=3|pages=380–381|doi=10.1086/417717|issn=0033-5770}}</ref>