Xirafa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Ácido desoxirribonucleico
m →‎Comportamento e ecoloxía: Estación das chuvias
Liña 164:
As xirafas adoitan habitar en [[sabana]]s, [[pradeira]]s e zonas de [[bosque]] abertas. Prefiren os bosques abertos de [[acacia]]s, ''[[Commiphora]]'', ''[[Combretum]]'' e ''[[Terminalia]]''<ref name=kingdon>{{Cita libro|título=The Kingdon Field Guide to African Mammals|autor=Kingdon, J.|editorial=Academic Press|páxinas=339–44|ano=1997|isbn=0-12-408355-2}}</ref> sobre os ambientes máis densos coma os bosques de ''[[Brachystegia]]'',<ref name=Kingdon1988p322/> malia que a xirafa angolana tamén se pode atopar en ambientes [[deserto|desérticos]].<ref>{{cita tese |autor=Fennessy, J.|ano=2004 |título=Ecology of desert-dwelling giraffe ''Giraffa camelopardalis angolensis'' in northwestern Namibia|editorial=[[University of Sydney]] |degree=Ph.D.|url=http://ses.library.usyd.edu.au/handle/2123/910}}</ref> As xirafas collen a comida das pólas das árbores, que son unha importante fonte de [[calcio]] e [[proteína]]s necesarias para manter o seu ritmo de crecemento.<ref name="Mitchell20003"/> Tamén se alimentan de [[arbusto]]s, [[herba]] e [[froita]]s.<ref>{{Cita Harvard|Kingdon|1988|sp=si|p=324}}</ref> Unha xirafa adulta inxire ao redor duns 34&nbsp;kg de follaxe diariamente.<ref name=estes/> Malia seren animais [[herbívoro]]s, téñense rexistrado casos de xirafas achegándose a [[cadáver]]es doutros animais e lambendo carne dos seus [[óso]]s.<ref>{{Cita Harvard|Kingdon|1988|sp=si|p=325}}</ref>
 
Durante a [[Estación das chuvias|estación húmida]] a comida é abundante e as xirafas afástanse máis unhas das outras, mentres que na [[estación seca]] adoitan xuntarse máis ao redor das zonas de bosque verde e arbustos sobreviventes.<ref name=kingdon/> As nais tenden a alimentarse en zonas abertas, posiblemente para facilitar a detección de predadores, aínda que isto reduza a súa eficiencia alimentaria.<ref name=sexdiff /> Como [[ruminante]]s, as xirafas primeiro mastigan a comida e logo trágana para o seu procesado no primeiro estómago, devolvendo o [[bolo alimenticio]] de volta á boca polo pescozo para volver mastigalo.<ref>{{Cita Harvard|Swaby|2010|sp=si|pp=78–79}}</ref> É común que as xirafas produzan moita [[saliva]] mentres se alimentan,<ref name=Williams27/> e cando teñen acceso a unha fonte de auga adoitan beber en intervalos de non máis de tres días.<ref name=estes/> Requiren menos cantidade de comida que moitos outros herbívoros debido a que a follaxe da que se alimentan ten máis nutrientes concentrados e a que posúen un [[sistema dixestivo]] máis eficiente que outras especies herbívoras.<ref name=kingdon/> As [[feces]] deste animal teñen forma de pequenas boliñas.<ref name="Dagg1971"/>
 
As xirafas teñen un efecto notable nas árbores das que se alimentan, atrasando o crecemento das árbores xoves durante varios anos e deixando marcas nas árbores altas.<ref name=estes/> A alimentación adoita darse durante as primeiras e as últimas horas de [[luz solar]]. Entre estas horas as xirafas adoitan estar ergueitas e rumiar, e polas noites continúan rumiando deitadas no chan.<ref name=estes/>