España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Orixe da palabra Hispania: *término > termo
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 399:
 
Tamén a soberanía sobre o deshabitado [[Illa Perejil|illote de Perejil]] atópase disputada con [[Marrocos]]. Aínda que desaloxada tras o [[incidente da illa Perejil]] ([[2002]]), por acordo entre ambos os países non se atopa asentada alí ningunha forza militar ou policial, sen que ningunha das partes renuncie ás súas pretensións de soberanía. Por outra banda, [[Marrocos]] reclama informalmente a cesión dos territorios de [[Ceuta]] e [[Melilla]], así como as denominadas [[prazas de soberanía]] no continente africano. Algúns movementos [[irredentismo|irredentistas]] en Marrocos, como o partido [[Istiqlal]], reclaman a inclusión no denominado "[[Gran Marrocos]]" das [[illas Canarias]].<ref>[http://www.publico.es/espana/441768/la-sombra-de-perejil-es-alargada Juan José Téllez (4 de setembro de 2012) Diario Público]</ref>
 
=== O caso do Sáhara ===
[[Ficheiro:Stamp Spanish Sahara 1924 40c.jpg|miniatura|dereita|Selo de 1924 dedicado ao [[Sáhara Español]]. Para a [[ONU]], o territorio é ''[[de iure]]'' de soberanía española, a pesar da renuncia española materializada no [[Acordo Tripartito de Madrid]].]]
En [[1975]], mediante o [[Acordo Tripartito de Madrid]], o Estado español renunciou formalmente á [[Sáhara Español|administración]] do [[Sáhara Occidental]], [[territorio non autónomo]] segundo o [[Comité de Descolonización|Comité Especial de Descolonización]] da [[Organización das Nacións Unidas]], pasando esta a ser temporalmente [[Marrocos|marroquí]] e [[Mauritania|mauritana]].<ref>{{Cita web |url=http://www.arso.org/ac3madrid.htm |título=Declaración de principios entre España, Marrocos e Mauritania sobre o Sáhara Occidental |editorial=Association de soutien à un référendum libre et régulier au Sahara Occidental |data=14 de novembro de 1975 |lugar=Madrid}}</ref> A propia ONU, no seu documento S/2002/161, establece:
{{Cita|O 14 de novembro de 1975 España, Marrocos e Mauritania emitiron en Madrid unha declaración de principios sobre o Sáhara Occidental (o «Acordo de Madrid»), con arranxo ao cal as facultades e responsabilidades de España, como Potencia administradora do Territorio, transferíronse a unha administración temporal tripartita. O Acordo de Madrid non transferiu a soberanía sobre o Territorio nin conferiu a ningún dos signatarios a condición de Potencia administradora, condición que España, por si soa, non podía transferir unilateralmente. A transferencia da autoridade administrativa sobre o Territorio a Marrocos e Mauritania en 1975 non afectou a condición internacional do Sáhara Occidental como Territorio non autónomo.<ref>{{Cita web |url=http://www.arso.org/Olasp.pdf |título=Carta de data 29 de xaneiro de 2002 dirixida ao Presidente do Consello de Seguridade polo Secretario Xeral Adxunto de Asuntos Xurídicos, Asesor Xurídico |editorial=Consello de Seguridade das Nacións Unidas}}</ref>}}
Por tanto, España seguiría sendo a potencia administradora sobre o territorio. Mesmo en 2014, a propia Fiscalía da [[Audiencia Nacional de España|Audiencia Nacional]] española, na investigación de dúas causas nas que se investigan posibles crimes de xenocidio e lesa humanidade que cometerían altas autoridades marroquís contra a poboación do territorio, estableceu que «pola [[Dereito internacional|legalidade internacional]], ese territorio non pode ser considerado marroquí» e, en consecuencia, «España ''de iure'', aínda que non ''de facto'', segue sendo a potencia administradora».<ref>{{Cita web |url=http://www.elmundo.es/espana/2014/04/11/53479ae122601db37f8b456f.html |título=La Fiscalía españoliza el Sáhara |editorial=El Mundo |data=11 de abril de 2014}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/04/11/fiscalia-acusaciones-dicen-archivo-crimenes-sahara/0003_201404G11P25993.htm |título=La Fiscalía y acusaciones dicen no al archivo de los crímenes del Sáhara |xornal=La Voz de Galicia |data=11 de abril de 2014}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.eldiario.es/desalambre/Movilizaciones-saharauis-derechos-humanos_0_247425639.html |título=Protestas para que la ONU salvaguarde los derechos humanos en el Sáhara Occidental |xornal=eldiario.es |data=17 de abril de 2014}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.elmundo.es/espana/2014/04/20/5352c9f122601d01548b4571.html |título=Rabat lleva siete años sin responder a la Audiencia Nacional por el genocidio en el Sáhara |data=20 de abril de 2014 |xornal=El Mundo}}</ref>
 
=== Independentismo ===