Desaparición forzada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 14 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Sen resumo de edición
Liña 131:
Pola súa banda, o [[Tribunal Europeo de Dereitos Humanos]] con sede en [[Estrasburgo]] establecido en [[1959]] de conformidade co artigo 38 do [[Convención Europea de Dereitos Humanos|Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e as Liberdades Fundamentais]] de [[1950]], pasando en [[1998]] ao ser un tribunal único e permanente vinculante para todos os Estados membros do [[Consello de Europa]]. Aínda que o Convenio europeo tampouco contén ningunha prohibición expresa da práctica da desaparición forzada, o Tribunal ocupouse en varios casos de desaparición ocorridos en [[1993]] no contexto do conflito entre as forzas de seguridade turcas e membros ou partidarios do [[Partido dos Traballadores de Kurdistán|Partido dos Traballadores Kurdos]] (PKK) da rexión kurda ao sueste de [[Turquía]]<ref>E/CN.4/2002/71 pax. 20-23.</ref>
 
Outro organismo onde se ditaron bases para a tipificación xurídica do crime de desaparición forzada foi a [[Cámara de Dereitos Humanos para Bosnia e Herzegovina]], tribunal de dereitos humanos establecido con arranxo ao anexo 6 do [[Acordo de Paz de Dayton]] de [[14 de decembro]] de [[1995]] que aínda que se declarou incompetente por ''ratione temporis'' para ocuparse da maioria dos 20.000 casos denunciados, formulou varias condenas en contra da [[República SrpskaSerbia|República Serbia de Bosnia]]<ref>Palic c. a República SrpskaSerbia, caso Nº CH/99/3196, decisión sobre a admisibilidade e o fondo, 11 de xaneiro de 2001 e a República de [[Bosnia e Herzegovina]] Unkovic c. a Federación de Bosnia e Herzegovina, caso Nº CH/99/2150, decisión sobre a admisibilidade e o fondo de 9 de novembro de 2001</ref>. pola que se indemnizaron a varias familias de desaparecidos.
 
En paralelo a estas resolucións, varias organizacións non gobernamentais redactaron proxectos para unha convención internacional. Así, en [[1981]] o ''Institut des droits de l'homme du Barreau de Paris'' (Instituto de Dereitos Humanos do Colexio de Avogados de París) organizou un coloquio de alto nivel para promover unha convención internacional sobre as desaparicións, ao que seguiron varios proxectos de declaracións e convencións propostos pola Liga arxentina dos dereitos humanos, a FEDEFAM no congreso anual de Perú de [[1982]] ou o Colectivo de Avogados José Alvear Restepo de [[Bogotá]] de [[1988]].