Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Sen resumo de edición
Liña 3:
Coñécese como '''guerra de Bosnia''' o conflito internacional que se desenvolveu na actual [[Bosnia e Herzegovina]] do [[6 de abril]] de [[1992]] ao [[14 de decembro]] de [[1995]], e que foi causada por unha complexa combinación de factores políticos e relixiosos: exaltación nacionalista, crises políticas, sociais e de seguridade que seguiron ao final da [[guerra fría]] e a caída do [[comunismo]] na antiga [[Iugoslavia]].
 
Ao desintegrarse Iugoslavia en [[1991]], coa independencia de [[Croacia]] e [[Eslovenia]], líderes nacionalistas [[serbobosnio]]s como [[Radovan Karadzić]] e [[Pobo serbio|serbios]] como [[Slobodan Milošević]] marcáronse como obxectivo principal que todos os serbios -diseminados poas distintas [[república]]s que compoñían Iugoslavia- viviran nun mesmo país. En febreiro de 1992, o pobo de [[Bosnia e Herzegovina]] decide en referendo a súa independencia da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]], nunha votación boicoteada polos [[serbobosnio]]s.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2006/05/22/internacional/1148265955.html Cronoloxía da desintegración. Diario ''El Mundo'' (España)]</ref> A sección do [[Exército Popular Iugoslavo]] en Bosnia e Herzegovina, fiel ao referendo, organizouse no [[Exército da República Bosnia e Herzegovina]] (ARBiH), mentres que os serbios formaron o [[Exército da República SrpskaSerbia]] (VRS). Nun principio os serbios ocuparon o 70 % do territorio de Bosnia e Herzegovina pero, ao unir as súas forzas o [[Consello Croata de Defensa]] e o [[ARBiH]], a guerra tomou outro rumbo e as forzas serbias foron derrotadas na [[Batalla de Bosnia Occidental]]. A participación da [[OTAN]], durante 1995, contra as posicións do VRS internacionalizou o conflito, pero só nas súas etapas finais. A alianza bosniocroata ocupou un 51 % do territorio de Bosnia e Herzegovina e chegou até as portas de [[Banja Luka]]. Ao veren perigar a súa capital de facto, os líderes serbios firmaron o armisticio e a guerra terminou oficialmente coa sinatura dos [[Acordos de Dayton]], en [[París]], o [[14 de decembro]] de [[1995]].<ref>[https://archive.is/20120525111048/www.state.gov/www/regions/eur/bosnia/bosagree.html Acordos de paz de Dayton]</ref>
 
A guerra durou pouco máis de tres anos e causou cerca de 100.000 vítimas entre civís e militares e 1,8 millóns de desprazados, segundo informes recentes.<ref>{{Cita web |url=http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php |título=''Herald Tribune''. Estimacións das Comisións |data-acceso=27 de xuño de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070627040825/http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php |dataarquivo=27 de xuño de 2007 |urlmorta=non }}</ref> Das 97.207 vítimas totais documentadas, o 65 % foron bosnios musulmáns e o 25 % serbios. Dentro das vítimas civís, o 83 % correspondeu a bosnios.
Liña 44:
 
==== Creación da "República Serbia de Bosnia e Herzegovina" ====
Os membros serbios do parlamento, que eran principalmente os do Partido Democrático Serbio, así como outros representantes dos partidos que formaban a ''Asemblea Independente de Membros do Parlamento'', abandonaron o Parlamento central de [[Saraxevo]] e formaron a [[Asemblea do pobo serbio de Bosnia e Herzegovina]] o [[24 de outubro]] de [[1991]], que marcou o final da triétnica coalición que rexía despois das eleccións de 1990. Esta asemblea estableceu a ''"[[República Serbia|República Serbia de Bosnia e Herzegovina]]"'' o [[9 de xaneiro]] de [[1992]], que tomou o nome de '''[[Republika SrpskaSerbia]] (República Serbia)''' en agosto de 1992. O obxectivo oficial deste acto, que se manifesta no texto orixinal da [[Constitución da República Serbia]] e que sería modificado posteriormente, era preservar a Federación Iugoslava.
 
==== Creación da "Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia" ====
Liña 52:
Despois de que Eslovenia e Croacia declararan, en 1991, a súa independencia da [[República Socialista Federal de Iugoslavia]], Bosnia e Herzegovina organizou tamén un [[referendo]] sobre a súa independencia. A decisión do Parlamento da República Socialista de Bosnia e Herzegovina da celebración do referendo tomouse despois de que a maioría de membros [[Pobo serbio|serbios]] abandonaran a asemblea parlamentaria en sinal de protesta.
 
Estes serbios de Bosnia, membros da asemblea, convidaron á poboación serbia a boicotear o referendo, celebrado o 29 de febreiro e o 1 de marzo de 1992. A participación no referendo foi do 67 % e o resultado foi do 99,43 % a favor da independencia.<ref>{{Cita web |url=http://www.voanews.com/bosnian/archive/2005-03/2005-03-01-voa2.cfm |título=U Federaciji Bosna i Herzegovina obilježen. Dan nezavisnosti BiH |data-acceso=02 de xullo de 2012 |urlarquivo=https://archive.is/20120702230828/www.voanews.com/bosnian/archive/2005-03/2005-03-01-voa2.cfm |dataarquivo=02 de xullo de 2012 |urlmorta=si }}</ref> A independencia foi declarada polo Parlamento o [[5 de marzo]] de [[1992]]. O referendo en si mesmo e o asasinato dun serbio nunha voda o día antes, utilizáronse polos líderes políticos serbios comocosermo unha razón para iniciar bloqueos de estradas en sinal de protesta.
 
==== Embargamento de armas ====
Liña 59:
== A guerra ==
=== Información xeral ===
O [[Exército Popular Iugoslavo]] (''Jugoslovenska narodna armija'', JNA) deixou oficialmente Bosnia e Herzegovina o [[12 de maio]] de [[1992]], pouco despois da independencia, declarada en abril. Porén, a maior parte da cadea de mando, armamento, e o persoal militar de maior rango, incluído o xeneral [[Ratko Mladić]], permaneceron en Bosnia e Herzegovina no [[Exército da República SrpskaSerbia]] (''Vojska Republike Srpske'', VRS).
[[Ficheiro:Evstafiev-Radovan Karadzic 3MAR94.jpg|miniatura|esquerda|150px|Radovan Karadžić.]]
 
Liña 73:
Inicialmente as forzas serbias atacaron á poboación civil non serbia en Bosnia oriental. Despois de que as cidades e as vilas estaban aseguradas, procedían á expulsión dos seus habitantes ([[limpeza étnica]]), que en ocasións incluíu violacións e asasinatos.<ref>[http://www.un.org/icty/kunarac/trialc2/judgement/kun-tj010222e-5.htm TPII: Ataques contra a poboación civil]</ref> Os serbios tiñan superioridade (a pesar de contar con menos efectivos) debido ao armamento que recibiron do Exército Popular Iugoslavo, e estableceron o control sobre a maioría das zonas onde eran maioría relativa, ademais de zonas onde eran unha minoría significativa nas zonas rurais e rexións urbanas, excluíndo as grandes cidades de [[Saraxevo]] e [[Mostar]]. Os dirixentes militares e políticos serbios recibiron a maioría das acusacións de [[crimes de guerra]] ante o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] (TPII, ou ICTY), moitos dos cales foron condenados despois da guerra nos xuízos.
 
A maior parte da capital, Saraxevo, estivo permanentemente en mans dos bosníacos, aínda que o Goberno oficial da República de Bosnia-Herzegovina seguiu funcionando con relativa composición multiétnica. Nos 44 meses do asedio, o terror contra Saraxevo e os seus residentes variou na súa intensidade, pero o obxectivo sempre foi o mesmo: infrinxir o maior sufrimento posíbel aos civís a fin de obrigar ás autoridades bosníacas a aceptar as demandas dos serbios.<ref>{{Cita web |url=http://www.sense-agency.com/en/stream.php?sta=3&pid=9043&kat=3 |título=TPII: Maior sufrimento ao menor risco |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071013175021/http://sense-agency.com/en/stream.php?sta=3&pid=9043&kat=3 |dataarquivo=13 de outubro de 2007 |urlmorta=si }}</ref> O [[Exército da República SrpskaSerbia]] rodeou a cidade (alternativamente, as forzas serbias situábanse nos arredores de Saraievo, o chamado anel ao redor de Saraxevo), despregando tropas e artillaría nos outeiros dos arredores no que sería o sitio máis longo na historia da guerra moderna, durante case 4 anos.
{{VT|Sitio de Saraxevo}}
 
Liña 83:
[[Ficheiro:Bombed mosque in Ahmici.jpg|miniatura|250px|Soldados da [[ONU]] observan o [[minarete]] duna [[mesquita]], dinamitado por forzas do [[Consello Croata de Defensa]] durante o [[Masacre de Ahmići]] ([[1993]]). (Imaxe cortesía do [[TPII]]).]]
 
A primeira vítima en Bosnia é outro punto de discordia entre serbios e bosníacos. Os serbios consideran que foi Nikola Gardović, o pai dun noivo que foi morto na procesión dunha voda serbia dous días despois do referendo, o 1 de marzo de 1992, no casco antigo de [[Saraxevo]]. Bosnios e croatas, porén, consideran as primeiras vítimas da guerra, antes da independencia, a uns civís croatas asasinados polo [[JNA]] (despois transformado en [[Exército da República SrpskaSerbia]] e no [[Exército de Serbia e Montenegro]]), na aldea de [[Ravno]], en setembro de 1991. Os bosníacos tamén consideran a primeira persoa vítima da guerra a [[Suada Dilberović]], que recibiu un disparo durante unha marcha de paz por pistoleiros non identificados o 5 de abril desde un niño de francotiradores serbios no hotel ''Holiday Inn'' de Saraxevo.
 
Hai que ter en conta que estas actividades non estaban relacionadas aínda co comezo da guerra no territorio de Bosnia-Herzegovina. O 30 de setembro de 1991, o Exército Popular Iugoslavo destruiu o pequeno pobo de Ravno, situado en Herzegovina, habitado por croatas, durante o transcurso do sitio da cidade de [[Dubrovnik]], en Croacia. O 19 de setembro, o [[JNA]] trasladou máis tropas á zona en torno á cidade de [[Mostar]], o que foi protestado publicamente polo goberno local. O 13 de outubro de 1991 o futuro presidente da República SrpskaSerbia, [[Radovan Karadžić]], expresou a súa opinión sobre o futuro de Bosnia e dos musulmáns bosnios, deixando claras as súas intencións de anexionarse todo o territorio posíbel.<ref>{{Cita web |url=http://www.helsinki.org.yu/hcharter_t16a02.html |título=Karadzic e o xenocidio |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080821153504/http://www.helsinki.org.yu/hcharter_t16a02.html |dataarquivo=21 de agosto de 2008 |urlmorta=si }}</ref>
 
Durante os meses de marzo, abril e maio de 1992 producíronse feroces ataques no leste de Bosnia, así como na parte noroeste do país. En marzo, os ataques do [[VRS]], xunto con membros do Segundo Comando Militar do antigo Exército Popular Iugoslavo, desenvolvéronse na parte oriental do país co obxectivo de tomar posicións estratexicamente pertinentes e de levar a cabo un bloqueo de comunicacións e información. Estes ataques deron lugar a un gran número de mortos e feridos civís.<ref>[http://www.unhchr.ch/tbs/doc.nsf/(Symbol)/333378630589b6d680256674005bc280?Opendocument Comité de Dereitos Humanos. Informe de Bosnia e Herzegovina]</ref>
Liña 158:
=== Limpeza étnica ===
{{Artigo principal|Limpeza étnica}}
A [[limpeza étnica]] foi un fenómeno común na guerra. Polo xeral, isto implicaba a intimidación, a expulsión forzosa ou o asasinato da etnia indesexada, así como a destrución dos vestixios físicos do grupo étnico, como os lugares de culto, cemiterios e edificios culturais e históricos. De acordo con numerosos fallos do [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]], as forzas serbias <ref>[http://www.un.org/icty/brdjanin/trialc/judgement/index.htm TPII: Sentenza Radoslav Brdanin]</ref> e croatas <ref>[http://www.un.org/icty/kordic/trialc/sentencia TPII: Veredicto Kordic e Cerkez]</ref> realizaron limpeza étnica nos seus territorios, planificadas polos seus líderes políticos co fin de crear estados etnicamente puros ([[República SrpskaSerbia]] e [[República Croata de Herzeg-Bosnia]]). Por outra parte, as forzas serbias cometeron o [[masacre de Srebrenica]] ao final da guerra, cualificado polo Tribunal como [[xenocidio]].<ref>[http://www.un.org/icty/pressreal/2004/p860-e.htm TPII: Discurso do Presidente do Tribunal Theodor Meron, no cemiterio de Potocari]</ref> Así mesmo, forzas bosnias -sobre todo paramilitares chegados de países árabes, [[muyahid]]ines- levaron a cabo tamén limpieza étnica en aldeas de maioría serbia.<ref>{{Cita web |url=http://www.acnur.org/index.php?id_pag=5280 |título=TPII: Condena a Naser Oric |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140220055410/http://www.acnur.org/index.php?id_pag=5280 |dataarquivo=20 de febreiro de 2014 |urlmorta=si }}</ref>
 
=== Violacións en masa ===
Liña 168:
Un xuízo tivo lugar ante a [[Corte Internacional de Xustiza]], a raíz dunha demanda presentada en 1993 por [[Bosnia e Herzegovina]] contra [[Serbia e Montenegro]] acusándoa de [[xenocidio]]. A Corte Internacional de Xustiza (CIJ), na súa sentenza de [[26 de febreiro]] de [[2007]] determinou que Serbia non tivo responsabilidade polo xenocidio cometido polas forzas serbias de Bosnia no [[masacre de Srebrenica]] en 1995. A CIJ chegou á conclusión, porén, de que Serbia non actuou para impedir o masacre de Srebrenica e castigar aos considerados responsábeis, sobre todo ao xeneral [[Ratko Mladić]] e ao Primeiro Ministro serbobosnio [[Radovan Karadžić]]. Ambos os dous están acusados polo [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] dos cargos de crimes de guerra e xenocidio.
 
Os dous máximos responsábeis do xenocidio foron capturados polo goberno de Serbia ante a presión da comunidade internacional: o Presidente da República SrpskaSerbia, Radovan Karadžić, o 21 de xullo de 2008; e o Comandante en Xefe do exército serbobosnio, Ratko Mladić, o 26 de maio de 2011.
 
== Galería de mapas ==