Pedro Álvarez de Toledo y Leiva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
 
== Vicerrei do Perú ==
Posteriormente foi nomeado Gobernador de [[Orán, Alxeria|Orán]] e, finalmente, o [[24 de febreiro]] de [[1638]] recibiu o cargo de Vicerrei do [[Perú]]; despois de gastar máis dun ano nos preparativos da viaxe, saíu de [[Cádiz]] o [[20 de maio]] de [[1639]], tomando posesión do cargo o [[18 de decembro]] de [[1639]], entregándoo a [[García Sarmiento de Soutomaior]], II [[conde de Salvaterra]], o [[20 de setembro]] de [[1648]], de modo que rexeu os destinos do Perú durante oito anos, nove meses e dous días.
 
Ante as frecuentes incursións dos piratas, e aconsellado pola súa experiencia militar, dispuxo a fortificación do [[Callao, Perú|Callao]] ([[1640]]) mandando levantar unha muralla de 4 km de longo, a erección de fortalezas en [[Arica]] e [[Valdivia]] e aínda a defensa de [[Buenos Aires]].