Fenicios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
en Fenicia
Sen resumo de edición
Liña 30:
As factorías fenicias esparexéronse practicamente por toda a ribeira sur mediterránea e as súas illas: desde ''Gadir'', máis aló do [[estreito de Xibraltar]], na contorna do mítico reino de [[Tartessos]] e porta das rutas do [[océano Atlántico]], cara ao norte -Europa- e o sur -África-, ata as costas de Asia e o [[Mar Negro]].
 
Na costa africana son localidades de fundación fenicia [[Tánxer|Tangis]], [[Mogador]] e [[Lixus]] (actual Marrocos), [[Sidi Abdselam do Behar]] -desembocadura do [[ued Martil]]- e [[Kudia Tebmain]] -[[ued Emsá]]- (actual Alxeria), [[Utica]] -da que se pensa que foi a primeira colonia en fundarse, ou quizais a segunda despois de Gadir-, [[Hadramemtum]], [[Leptis Minor]] -[[Leptis Parva]]- e [[Thapsus]] (actual Tunisia), [[Leptis Magna]], [[Trípoli, (Libia)|Trípoli]] e [[Sabratha]] (actual Libia).
 
Nas illas do Mediterráneo occidental, [[Iboshim]] ou [[Eubussus]] ([[Ibiza]]), Nora -[[Nurri]]-, [[Sulcis]], [[Tharros]] -[[San Giovanni dei Sinis]]-, [[Bithia]] e [[Olbia]] (Sardeña), [[Motia]] ([[Sicilia]]) e [[Malta]]; nas do mediterráneo oriental [[Lárnaca|Kition]] (Chipre).