Diferenzas entre revisións de «Victorino Pérez Prieto»

sen resumo de edición
 
 
== Traxectoria ==
Realizou estudos de [[Filosofía]] e [[Teoloxía]] no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Salamanca, onde se licenciou en teoloxía dogmática cunha tese sobre a dimensión relixiosa da [[xeración Nós]] e se doutorou cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de [[Raimon Panikkar]]. Ordenado sacerdote, exerceu o ministerio na [[diocese]] de Mondoñedo-Ferrol.
 
Deu clases nas universidades de [[USC|Santiago de Compostela]] e [[Universidade da Coruña|A Coruña]]. Foi o primeiro director da revista Irimia e é membro do Consello de redacción da revista ''[[Encrucillada]]'', na que ten publicado numerosos artigos teolóxicos. Ten publicado tamén numerosos artigos noutras revistas e diarios galegos (''A Nosa Terra'', ''Grial'', ''Lumieira'', ''Tempos'', ''Guía de libros'', ''Criterios''...) e de fóra do país (''Sal terrae'', ''Iglesia viva'', ''El Ciervo''...) e varios libros individuais e en colaboración.
 
É membro da [[Asociación de Teólogos Juan XXIII]] e da [[Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega]].
192.162

edicións