GNU/Linux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-\botorg +outorg)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático %s
Liña 6:
A finais dos anos 60, os laboratorios de telefonia Bell (unha división de AT&T) traballan xunto con General Electric e o MIT (Instituto tecnolóxico de Massachussets) no desenvolvemento de Multics, un proxecto para realizar un sistema operativo de grandes prestacións, multitarefa e en tempo compartido. Por diversas razóns, Bell separouse do grupo e Ken Thompson e Dennis Ritchie (empregados de Bell) decidiron continuar independentemente co proxecto para a súa empresa. Así pois, decidironse a desenvolver un sistema operativo que cumprira coa maior parte dos requisitos do proxecto anterior.
 
En 1970, Ken Thompson implementou unha primeira versión escrita na linguaxe [[ensamblador]]a para que funcionase sobre unha máquina DEC PDP-7 (menos potente que os teléfonos móviles actuais). Este sistema operativo, que era multitarefa e que podía soportar a 2 usuarios simultaneamente, denominouse UNIX. Ó estar escrito na linguaxe ensambladora da PDP-7 facía que fose eficiente pero tamén tiña un grande inconvinteinconveniente: o sistema non podía ser executado noutra máquina que non fose esa, xa que para facer iso posíbel, había que reescribir integramente todo o sistema.
 
En 1973 Dennis Ritchie desenvolveu, xunto a B.W.Kernighan, a linguaxe de programación '''C'''. Entón, Thompson e Ritchie rescribiron todo o código de UNIX con esta nova linguaxe.