Philip Grierson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Nova categoría.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 52:
 
=== Coleccionismo numismático ===
A vinculación coa numismática de Grierson produciuse dun xeito casual. Nunha visita á casa familiar no [[Nadal]] de [[1944]] atopou nun caixón do escritorio do seu pai unha [[moeda bizantina]] de [[bronce]] do [[Lista de emperadores bizantinos|emperador]] [[Focas, emperador|Focas]], e este achado estimulouno a visitar a empresa de coleccionismo Spink, en [[Londres]], onde adquiriu unhas poucas moedas a modo de material ilustrativo para utilizar nas súas conferencias.<ref name="ReferenceB">De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 146.</ref><ref>"The Numismatist". En ''[https://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/aboutus/coins/events/grierson/addresses A Celebration of the Life of Philip Grierson. Programme and Full Texts]''. Museo Fitzwilliam.</ref>[[Ficheiro:FitzwilliamMuseum.jpg|miniatura|[[Fachada]] do [[museoMuseo Fitzwilliam]], que alberga a colección de [[numismática]] [[Idade Media|medieval]] [[Europa|europea]] de '''Philip Grierson''']]Porén, ese suceso espertou en Grierson o interese polo [[Coleccionismo de moedas|coleccionismo]] (quizais herdado do seu pai) de tal xeito que ao final do ano seguinte xa tiña 1.500 moedas e a finais de [[1946]] arredor de 3.500. Co tempo, a súa colección chegou a ter 20.000 pezas, cun valor estimado en varios millóns de [[Libra esterlina|libras]], e foi a colección máis representativa da moeda medieval europea de todo o mundo. Aínda que a colección residiu no museo[[Museo Fitzwilliam]] durante moitos anos en vida de Grierson, onde se ía enriquecendo con novos exemplares, a súa titularidade non pasou a corresponderlle ao museo ata a súa morte.<ref name="ReferenceB"/>
En [[1982]], Grierson procurou financiamento para o proxecto de publicación da súa [[Coleccionismo de moedas|colección numismática]] e de aí xurdiu a publicación de ''[[Medieval European Coinage]]'', concibido inicialmente con doce volumes nos que se catalogasen definitiva e exhaustivamente as cuñaxes medievais europeas. El mesmo ocupouse da preparación do primeiro volume, aparecido en [[1986]], centrado nas emisións da [[Europa Occidental|Europa occidental]] entre os [[Século V|séculos V]] e [[Século X|X]], que é o catálogo de referencia para ese período.<ref>De Callataÿ, F; Devroey, J-P. (2010). Páxina 149.</ref><ref>"[https://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/research/mec Medieval European Coinage]". En ''The Fitzwilliam Museum. Cambridge''.</ref><ref>Lafaurie, Jean. "[https://www.persee.fr/doc/numi_0484-8942_1989_num_6_31_1949_t1_0279_0000_3 Philip Grierson and Mark Blackburn, ''Medieval European Coinage with a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge. 1, The Early Middle Ages (5th-10th centuries)'']''". En [[Revue Numismatique|Revue numismatique]]. 31. Páxinas 279-284.''</ref><ref>Stal, A. M. (1988). "[https://philpapers.org/rec/STAPGA Philip Grierson and Mark Blackburn, Medieval European Coinage, with a Catalogue of the Coins in the Fitzwilliam Museum, Cambridge, 1: The Early Middle Ages (Fifth–Tenth Centuries)]". En ''Speculum'' 63(4). Páxinas 933-935.</ref>
 
=== O museo Fitzwilliam ===
{{Artigo principal|Museo Fitzwilliam}}O crecente interese de Grierson pola numismática levouno a tomar contacto co departamento de moeda do museoMuseo Fitzwilliam (o [[museo]] de [[arte]] e [[Antigüidade (obxecto)|antigüidades]] da Universidade de Cambridge), do que chegou a ser nomeado [[Conservación e restauración|conservador]] honorario de moedas e [[medalla]]s en [[1949]], e síndico da institución ata [[1958]]. Baixo a súa influencia, o departamento de moedas e medallas converteuse nun dos máis activos e cunha [[investigación]] máis produtiva do museo. Na súa honra, o museo ten unha sala no seu nome que acolle a que foi a súa colección numismática.<ref>"[https://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/sites/default/files/PhilipGriersonProfile.pdf Profile: Philip Grierson]". No sitio web do museo Fitzwilliam.</ref><ref>"The Collector and The Fitzwilliam". En ''[https://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/aboutus/coins/events/grierson/addresses A Celebration of the Life of Philip Grierson. Programme and Full Texts]''. Museo Fitzwilliam.</ref>
 
=== Bruxelas e os EEUU ===