Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
poboación_densidade
m Arranxiños
Liña 58:
'''Noruega''' (en [[lingua norueguesa|noruegués]]: ''Norge'' ([[bokmål]]), ''Noreg'' ([[nynorsk]]), en [[Linguas saamis|saami]]: ''Norga''), é un [[países nórdicos|país nórdico]] gobernado por unha [[Monarquía parlamentaria|monarquía constitucional]] que ocupa a porción oeste da [[Escandinavia|península escandinava]]. O país fai fronteira con [[Suecia]], [[Finlandia]] e [[Rusia]]. A súa capital e principal cidade é [[Oslo]].
 
Forman parte do Reino de Noruega os territorios árticos de [[Jan Mayen]] e das [[Illasilla]]s [[Svalbard]], cuxa soberanía foi establecida polo [[tratado de Svalbard]] asinado en [[1920]]. Porén os territorios meridionais da [[Illa deilla Bouvet]] na parte sur do [[océano Atlántico]] e a [[Illa Pedro I|Illa de Pedro I]] no sur do [[Océanoocéano Pacífico]] considéranse dependencias e polo tanto non conforman parte do reino como tal. Noruega é ademais un dos países que reclama territorio na [[Antártida]], concretamente o sector coñecido como [[Terra da Raíña Maud]].
 
Dende a [[segunda guerra mundial]], o país experimentou un rápido crecemento que contribuíu a que o país estea na actualidade entre aqueles cun maior nivel de vida grazas ao seu sistema nacional de subsidios. Este crecemento económico débese en parte ao desenvolvemento e explotación das reservas costeiras de [[gas]] e [[petróleo]] do país. O desenvolvemento humano de Noruega é un dos maiores do mundo, ocupando o país o primeiro posto na listaxe de países por nivel de desenvolvemento humano ([[Índice de Desenvolvemento Humano|IDH]]) entre o [[2001]] e o [[2007]] (compartindo este posto con [[Islandia]] no [[2007]]). É ademais un dos membros fundadores da [[Organización das Nacións Unidas]].
 
== Etimoloxía ==