Oriente Medio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Migración: texto traducido desde a wiki .en:Middle_East#Migration
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 136:
=== Grupos étnicos ===
[[Ficheiro:Ede ethnic groups.jpg|miniatura|Varias [[etnia]]s e relixións do Oriente Medio no século XIX.]]
Os [[árabes]] constitúen o grupo étnico máis grande do Oriente Medio, seguido por varios [[pobos iranianos]] e logo por grupos de [[Lingua turca|fala turca]] ([[Pobo turco|turcos]], [[Pobo azarí|azeríes]] e [[turcomanos iraquíesiraquís]]). Os grupos étnicos autóctonos da rexión inclúen, ademais dos árabes, [[Lingua aramea|arameos]], [[Pobo asirio|asirios]], [[baloches]], [[bérberes]], [[copto]]s, [[drusos]], [[grecochipriotas]], [[Pobo xudeu|xudeus]], [[Pobo kurdo|kurdos]], [[luros]], [[Mandeísmo|mandaeos]], [[Pobo persa|persas]], [[samaritanos]], [[shabaks]], [[Pobo tatas|tatas]] e [[zazas]]. Os grupos étnicos europeos que forman unha diáspora na rexión inclúen [[Pobo albanés|albaneses]], [[Pobo bosníaco|bosniacos]], [[Pobo circasiano|circasianos]] (incluídos [[Pobo kabardino|kabardinos]]), [[Pobo tártaro de Crimea|tártaros de Crimea]], [[Pobo grego|gregos]], [[Igrexa latina do Medio Oriente|franco-levantinos]], [[Igrexa latina do Medio Oriente|italo-levantinos]] e turcomanos iraquíesiraquís. Entre outras poboacións migrantes atópanse [[Diáspora chinesa|chineses]], [[Pobo somalí|somalís]], filipinos, indios, indonesios, paquistanís, [[Pobo paxto|paxtuns]], romaníes e afroárabes.
===Migración===
"A [[migración]] sempre supuxo un importante paso para as presións do mercado de traballo no Oriente Medio. Durante o período comprendido entre os anos 70 e 90, os estados árabes do [[Golfo Pérsico]], en particular, proporcionaron unha rica fonte de emprego para traballadores de Exipto, Iemen e os países do Levante, mentres [[Europa]] atraera a mozos traballadores de países do norte de África debido á proximidade e ao legado dos lazos coloniais entre Francia e a maioría dos estados do norte de África."<ref>{{Cita publicación periódica|autores=Hassan, Islam; Dyer, Paul |ano=2017 |título= The State of Middle Eastern Youth |xornal=The Muslim World |páxinas= 107 |dataacceso=21 de xaneiro do 2020 |lingua=en}}</ref>