Reino de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5465831 de 137.101.34.240 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 56:
A morte do rei Fernando I en [[1065]] supuxo un novo conflito interno, pois no canto de recaer a coroa nun único herdeiro, o goberno foi disputado polos seus tres fillos maiores, que pasaron a gobernar autonomamente os territorios nos que conseguiran establecer relacións familiares. Se ben é verdade que parte da historiografía considera tal feito como un repartimento xa predisposto por Fernando I antes da súa morte, a titulación de Sancha como raíña aínda, e a ausencia de calquera documento de repartimento feito por Fernando I ou Sancha induce a pensar que non existiu tal repartimento. Anos máis tarde, cada un dos tres fillos aparecía gobernando diferentes territorios en calidade de reis, así o maior, [[Sancho II de Castela|Sancho II]] dominou as terras orientais, o [[condado de Castela]] ''grosso modo'', [[Afonso VI de León|Afonso VI]] a capital, León, e as súas terras próximas así como Asturias, o terceiro [[García de Galicia|García II]] herdou as terras galegas entre Coimbra e o [[Cabo Ortegal]]. Aínda que esta situación tivo por consecuencia a fragmentación política do reino de Galicia, "Galicia" seguiu sendo o termo que se empregue para denominar o conxunto destas terras.
 
García II restaurou as sés de [[Tui]] e [[Braga]] (a antiga metrópoemetrópole sueva), e venceu varios conatos de anexión, pero finalmente foi derrotado polos exércitos dos seus irmáns Sancho II de Castela e Afonso VI en [[1071]]<ref>Esta historia chegou a inspirar a [[Victor Hugo]] a creación da epopea ''[[Le Petit Roi de Galice]]'' (traducida como [http://palabrasdesconxeladas.com/Palabras_Desconxeladas/Traducions_files/O%20REICINO%20DE%20GALICIA%20-%20Unknown%20-%20Harguindey.pdf O reiciño de Galicia] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120314091656/http://palabrasdesconxeladas.com/Palabras_Desconxeladas/Traducions_files/O%20REICINO%20DE%20GALICIA%20-%20Unknown%20-%20Harguindey.pdf |date=14 de marzo de 2012 }}), incluída na primeira serie da obra ''[[La Légende des siècles]]''.</ref>, que o encarceraron no Castelo de Luna (León)<ref>{{cita libro| autor =ALONSO-CORTÉS, C.-D.| url =http://books.google.com/books?id=bdZAGX3nrp0C&pg=PA49&dq=Castillo+de+Luna,+rey+Garc%C3%ADa&hl=en&ei=sE1ETMr1IpSSjAf055kW&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=6&ved=0CD8Q6AEwBQ#v=onepage&q=Castillo%20de%20Luna%2C%20rey%20Garc%C3%ADa&f=false | título = Sota de copas, reina de espadas| ano =| publicación =| id = ISBN 84-505-3492-5}}{{es}}</ref> sendo prisioneiro ata a súa morte no ano [[1090]]. Os irmáns de García II asinarían xa no ano 1071 co título de reis de Galicia na documentación galega do momento. García morreu no marzal de 1090 na prisión do castelo, e sempre se lle recoñeceu a dignidade real.
 
Esta nova situación non se acadou sen resistencias, pois García II contaba con nobres leais que se opuxeron á usurpación de Afonso VI, tales como o conde [[Rodrigo Ovéquiz]] que encabezou unha rebelión no ano [[1080]] abertamente respaldada polo bispo de Santiago [[Diego Páez]]. Este foi finalmente deposto no [[Concilio de Husillos]] (1088), e entre os motivos de tal deposición cítase un presunto intento de concertar un acordo con [[Guillerme o Conquistador]]<ref>{{cita libro| autor =RIVERO GONZÁLEZ, I.| título =Compendio de historia medieval española| ano =| publicación =ISTMO| id = ISBN 978-84-7090-125-6}}{{es}}</ref>.