Simplificación da escritura chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Faltaba o 'u' na palabra 'Outras'
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 8:
Durante a primeira metade do [[Século XX|s. XX]] foron moitos os intelectuais chineses que, ante o atraso relativo de China fronte ás potencias occidentais, defenderon a necesidade de acometer reformas profundas na sociedade chinesa. Un dos brancos das ansias reformistas foi precisamente a linguaxe.
 
Por unha banda, o chinés clásico (文言 ''wényán'') era unha lingua totalmente diferente da lingua vernácula (白話 ''báihuà'') que se falaba, e fórase impondo a idea, alentada por intelectuais como [[Hu Shih]], de que debía definirse unha nova lingua padrón baseada no idioma falado. En paralelo a esta defensa dunha lingua nacional máis achegada á linguaxe cotián, houbo tamén intelectuais que adoptaron unha postura aínda máis radical, defendendo que o [[sistema de escritura]] en sí debía ser abolido ou reformado. Algúns, como o escritor [[Lu Xun]], chegaron a propór a adopción do alfabeto latino para o chinés. Para estes intelectuais, o sistema de escritura chinés, cos seus milleiros de caracteres, supuña unha traba para o progreso tecnolóxico da China, debido a que os nenos na escola debían inverterinvestir moitos anos de estudo para chegar a dominar a [[escritura]], o cal sería motivo de atraso na aprendizaxe doutras disciplinas.
 
A pesar do ímpeto das ideas revolucionarias da época, a posibilidade de romanizar o idioma nunca estivo preto de volverse realidade xa que, por un lado, convertería en analfabetos a quen xa sabían ler e escribir, que terían que aprender un novo sistema, e, por outro, o apego dos chineses ao seu sistema de escritura facía difícil a aceptación dunha reforma tan radical. Esta segunda razón é talvez a máis importante, pois en vietnamita e en coreano, as outras dúas linguas que se escribían con caracteres chineses, o uso dos caracteres foi abolido, case na súa totalidade, ao longo do s. XX.