Maisons-Alfort: Diferenzas entre revisións

comuna francesa
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
ampliación
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 25 de maio de 2020 ás 19:15

Maisons-Alfort é unha localidade e comuna de Francia, na rexión da Illa de Francia, departamento de Val do Marne, e no distrito de Créteil.

Mairie ou Hotel de ville (Casa do concello).

A comuna está formada por dous cantóns: o cantón de Maisons-Alfort-Nord e o cantón de Maisons-Alfort-Sud.

Xeografía

 
Situación de Maisons-Alfort en París.

Está situada no banlieu (arredores) de París, a tres quilómetros ao sueste da capital, na marxe sur do río Marne.

O seu posicionamento permítelle un acceso rápido a varios grandes eixes de comunicación na Illa de Francia, como a A4 no norte ou a A86 no sur.

A súa poboación actual convértea na sexta cidade máis grande do departamento, detrás de Créteil, Vitry-sur-Seine, Champigny-sur-Marne, Saint-Maur-des-Fossés e Ivry-sur-Seine.

Os seus habitantes chámanse maisonnais.

O concello está situado a unha altitude de entre os 473​ e os 283​ msnm.[1]

O municipio ocupa unha superficie de 5,35 km², e o 1 de xaneiro de 2007 a súa poboación era de 55 655 habitantes,[2] polo que a densidade de poboación nese ano era de 10 402,8 hab./km².

No está integrada en ningunha Communauté de communes ou similar. Antigamente era máis extensa, xa que perdeu parte do seu territorio cando se creou a cidade de Alfortville en 1885.

Maisons-Alfort é unha das 47 cidades do Val de Marne, cuxa cidade principal é Créteil. O seu territorio ten forma triangular (ver mapa adxunto)

Os seus límites son:

  • Polo oeste, está separada de Alfortville pola liña ferroviaria do RER D
  • Polo norte, está limitada polo Marne
  • Polo sueste, fai fronteira con Créteil
  • A 1,2 km ao sur da súa punta atópase o Carrefour Pompadour, un cruce de estradas entre a ruta nacional 6, a vía nacional 186, a autovía A86, a estrada departamental 60 (autovía de continuidade da estrada nacional 406).

Demografía

Serie de poboación histórica de Maisons-Alfort
(Fonte/s: INSEE)
Ano17931800185118761896190119211936194619541962196819751982199019992007
Poboación1 0778071 8127 6199 47910 54720 99734 38436 48540 35851 18653 14954 14651 06553 37551 10353 085

Notas

  1. Maisons-Alfort en cassini.ehess.fr.
  2. Maisons-Alfortno INSEE.

Vexase tamén

Ligazóns externas