Sobekneferu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Familia ==
Era a filla do [[faraón]] [[Amenemhat III]]. [[ManetónManetho]] afirma que tamén era irmá de [[Amenemhat IV]], mais non existe ningunha proba. Sobekneferu tiña unha irmá máis vella chamada [[Neferuptah]], que era a suposta herdeira. O nome de Neferuptah aparece pechado nun cartucho e tivo a súa propia pirámide en [[Hawara]]. Neferuptah faleceu a idade temperá permitindo a Sobekneferu ser a seguinte na liña sucesoria.<ref>Dodson, Hilton, ''The Complete Royal Families of Egypt'', 2004, páx. 98.</ref>
 
== Reinado ==
Sobekneferu foi a primeira muller coñecida que reinou como faraoa da que existen probas. Hai cinco mulleres que se cre que reinaron na [[Dinastía V dinastíade exipciaExipto|quinta dinastía]] e [[Nitocris]] pode ser que reinase durante a [[Dinastía VI dinastíade exipciaExipto|sexta dinastía]].
 
Amenemhat IV seguramente faleceu sen herdeiro varón, polo que a filla de Amenemhat III, Sobekneferu, asumiu o trono. Segundo o [[Lista realpapiro de Turín|canon de Turín]], reinou durante tres anos, dez meses e 24 días<ref>Kim Ryholt, The Political Situation in Egypt during the Second Intermediate Period, Carsten Niebuhr Institute Publications, Museum Tusculanum Press, (1997), páx. 15 {{ISBN|87-7289-421-0}}</ref> a finais do [[século -XIX|século XIX a.C.]]
 
Faleceu sen fillos ou sen herdeiros e coa fin do seu reinado concluíu a duodécima dinastía e a idade de ouro do [[Imperio Medio de Exipto|Reino Medio]], inaugurando a [[Dinastía XIII dinastíade exipciaExipto|décimo terceira dinastía]].
 
== Monumentos e tumba ==
[[Ficheiro:Statue of Sobekneferu (Berlin Egyptian Museum 14475).jpg|miniatura|Cabeza da faraoa Sobekneferu]]
[[Ficheiro:SobekneferuCylinderPetrie.png|thumb|left|200px|Debuxo de [[Flinders Petrie]] do selo cilíndrico de Sobekneferu no Museo Británico.<ref>Flinder Petrie: ''Scarabs and cylinders with names'' (1927), [https://archive.org/details/scarabscylinders00petr available copyright-free here], pl. XIV</ref>]]
Descubríronse poucos monumentos para ela, aínda que se conservan moitas das súas estatuas (sen cabeza), incluíndo a base dunha representación dunha filla do rei que se descubriu en [[Gezer]] e leva o seu nome.<ref name="Ryholt, p.213">Ryholt, páx. 213</ref> Coñécese unha estatua cunha cabeza. Un busto do [[Museo Exipcio de Berlín]] (Inv. no. 14476), perdido na [[segunda guerra mundial]], puido identificarse como pertencente a ela. A escultura só se coñece de imaxes fotográficas e baleirados de escaiola. Chegou ao museo en 1899. A cabeza encaixa enriba da parte máis baixa dunha estatua real descuberta en [[Semna (Nubia)|Semna]]. Esta última pode identificarse como real porque o símbolo real "unificación dos dous países" aparece no lado do seu trono.<ref>B. Fay, R. E. Freed, T. Schelper, F. Seyfried: ''Neferusobek Project: Part I'', in: G. Miniaci, W. Grajetzki: ''The World of Middle Kingdom Egypt (2000-1550 BC)'', Vo. I, Londres 2015, {{ISBN|978-1906137434}}, páx. 89-91</ref> Sábese que fixo engadidos ao complexo funerario de [[Amenemhat III]] en [[Hawara]] (chamado o ''[[labirinto]]'' por [[Heródoto]]) e tamén construíu estruturas en [[HeracleópolisHeracleopolis Magna]].
 
Un fino selo cilíndrico que leva o seu nome e un título real está localizado no [[Museo Británico]].<ref>Gae Callender, 'The Middle Kingdom Renaissance' in Ian Shaw, The Oxford History of Ancient Egypt, (Oxford Univ. Press: 2003), libro de peto, páx. 159</ref> Un graffiti na fortaleza de [[Kumma]] sinala a altura da inundación do [[río Nilo|Nilo]] aos 1,83 metros no terceiro ano do seu reinado.<ref>Gae Callender, páx. 159</ref> Outra inscrición descuberta no deserto oriental indica "ano 4, segundo mes da [[Estación da Emerxencia]]".<ref>A. Almásy, ''Catalogue of Inscriptions'', In: U. Luft (editor), ''Bi'r Minayh, Report on the Survey 1998-2004'', Budapest 2011, {{ISBN|978-9639911116}}, páx. 174-175</ref> Os seus monumentos asociána consistentemente con Amenemhat III máis que con Amenemhat IV, apoiando a teoría de que era a filla real de Amenemhat III e quizais só medio irmá de Amenemhat IV.<ref name="Ryholt, p.213"/> O exiptólogo dinamarqués [[Kim Ryholt]] sinala que as fontes contemporáneas do seu reinado indican que Sobekneferu nunca adoptou o título de "Irmá de Rei", só o de "Filla de Rei", o que apoia esta hipótese.<ref name="Ryholt, p.213"/> Ademais, todos os gobernantes exipcios recibiron o título de "rei", independentemente do seu xénero.