María I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engádese ficheiro de imaxe.
Nicole (conversa | contribucións)
Liña 45:
 
== Ascenso ao trono ==
Eduardo VI morreu en [[1553]], mentres María se atopaba en [[Londres]]. No seu testamento excluía ás súas irmás, María e Isabel da sucesión, privilexiando a [[Xoana Grey]], bisneta de [[Henrique VII de Inglaterra]] por vía feminina e nora do Duque de Northumberland, o rexente e conselleiro de Eduardo VI. Estas disposicións contradicían a Acta de Sucesión de [[1544]], que determinaba que María debería suceder a Eduardo, no caso de que este morrese sen descendencia. Porén, Xoana Grey foi proclamada raíña a [[9 de xullo]] dese mesmo ano, a pesar do forte rexeitamento popular. María sempre fora estimada polo pobo debido ao tratamento inxusto que sufrira, contaba tamén co apoio dalgúns nobres. Tan só nove días despois, o Parlamento rebocabarevogaba o testamento de Eduardo VI, considerado feito baixo presión, e declaraba a María raíña de Inglaterra e Irlanda. A nova monarca entrou en Londres o [[3 de agosto]], acompañada pola súa irmá Isabel, baixo a aclamación popular. Unha das súas primeiras accións foi mandar executar ao Duque de Northumberland, quen tivera planeado o golpe. Despois, remodelou aos conselleiros reais, afastando a todos os aliados de Northumberland. Xoana Grey, o seu pai, o Duque de Suffolk e o marido [[Guilford Dudley]] foron apreixados máismais postos en liberdade pouco despois.
 
María foi coroada raíña na [[Abadía de Westminster]] o [[1 de outubro]] de [[1553]]. O servizo foi efectuado polo Bispo de Winchester, Stephen Gardiner, e non polo Arcebispo da Cantuaria, posto que era protestante.