Diferenzas entre revisións de «Insectos»

sen resumo de edición
m (→‎Aparato bucal: arranxiños)
 
=== Sistema nervioso ===
O [[sistema nervioso]] dos insectos está formado polo [[ganglio]] supraesofáxico ou cerebro, o ganglio subesofáxico e unha cadea de ganglios (un por segmento do corpo) colocados ao longo da rexión ventral do corpo, unidos por comisuras. O cerebro está composto pola fusión de tres ganglios (protocerebro, deutocerebro e tritocerebro) os cales inervaninnervan os órganos e apéndices da cabeza. O ganglio subesofáxico únese ao cerebro mediante as comisuras esofáxicas e está formado pola fusión dos ganglios mandibular, maxilar e labial. A cadea de ganglios ventrais presenta variacións, observándose unha tendencia á fusión dos mesmos tanto no tórax coma no abdome.
Nos insectos existen ademais outros sistemas nerviosos, coma o estomogástrico, o cal controla os movementos dos sistemas dixestivo, circulatorio e os músculos oclusores dos espiráculos. E por último, o sistema periférico que desempeña funcións sensoriais.
 
232.046

edicións