Novela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎A orixe: Homónimo
''Para o artigo sobre a parroquia do concello de Santiso, véxase '''Novela'''''
Liña 1:
{{1000}}
 
''Para o artigo sobre a parroquia do concello de Santiso, véxase '''[[Novela, Santiso|Novela]]'''''
 
[[Ficheiro:Maxina (manuscrito 1870).jpg|miniatura|Manuscrito da obra [[Maxina ou a filla espúrea]], considerada a primeira novela en [[lingua galega]].]]
 
[[Ficheiro:Fragonard, The Reader.jpg|miniatura|''[[La Liseuse|A lectora]]'' de [[Jean-Honoré Fragonard]], cara [[1770]], conservada na [[National Gallery of Art]], [[Washington, D.C.|Washington]].]]
Unha '''novela'''<ref>{{DRAG|novela}}</ref> é un [[xénero literario]] [[narrativa|narrativo]] xeralmente en [[prosa]] e dunha extensión que pode ser considerable onde se explican uns feitos de [[ficción]] que expón relacións, accións e condutas humanas a partir duns [[personaxe]]s, unha ambientación, un [[narrador]] e un [[punto de vista]]. Poden aparecer descricións e [[diálogo]]s para [[beleza|embelecer]], aclarar ou facer máis amena a acción. O xénero como tal xorde na [[Idade Moderna]]. A novela distínguese polo seu carácter aberto e a súa capacidade para conter elementos diversos nun relato complexo. Este carácter aberto ofrece ao autor unha gran liberdade para integrar personaxes, introducir historias cruzadas ou subordinadas unhas a outras, presentar feitos nunha orde distinta a aquel no que se produciron ou incluír no relato textos de distinta natureza: cartas, documentos administrativos, lendas, poemas, etc. Todo iso dá á novela maior complexidade que a que presentan os demais subxéneros narrativos. Ata onde debe chegar a extensión é obxecto de disputa, como o é a complexidade que debe ofrecer a trama [[Ficción|ficticia]] que a sustenta.
 
== Etimoloxía ==
Como no [[lingua castelá|castelán]] e no [[lingua portuguesa|portugués]], o termo '''novela''' galego procede do [[lingua italiana|italiano]] ''novella'', onde a palabra refería cada un dos relatos breves contidos en obras tales coma o ''[[Decameron]]'' (1353). Tanto o antigo [[lingua francesa|francés]] ''novelle'' (mod. ''nouvelle'') coma o italiano ''novella'' proceden do nominativo plural latino ''novella'' refeito como singular. No [[latín]] a forma singular, ''novellus'' derivaba de ''novus'' 'novo'. O [[lingua inglesa|inglés]] ''novel'' foi importado a través do francés antigo, con desprazamento acentual (de forma aguda para grave).