Erdapfel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10:
Europa e o [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]] son os que están representados con maior precisión. [[África]] represéntase con gran detalle, especialmente as costas norte e oeste, o que indica a viaxe de Behaim a bordo dun barco [[Portugal|portugués]] ou a adquisición dunha [[carta náutica]] portuguesa por parte de Behaim. A costa leste, porén, amósase de xeito moi impreciso. Canto máis ó leste, máis distorsionada se torna a imaxe. O [[subcontinente indio]] case non é recoñecíbel como tal.<ref>{{Cita libro |nome=Renate |apelidos={{Versaleta|Hilsenbeck}} |título=Focus Behaim Globus, Teil 1: Aufsätze |ano=1992 |editorial= |lugar=Nürnberg |lingua=de |páxinas=226-236 |capítulo=Mittelalterliche Weltkunde und Behaim-Globus}}</ref>
 
A idea de lle chamar «[[mazá]]» pode estar relacionada co ''Reichsapfel'' («Mazá Imperial» ou ''[[Orbe (xoia)|globus cruciger]]''), tamén gardada en [[Nürnberg]], xunto coas [[xoias do Reich]] (''Reichskleinodien''). O nome non está relacionado co significado moderno de ''Erdapfel'' no sur de Alemaña e Austria, que é «[[pataca]]», pois as castañas de terra aínda nonon se trouxeran de América a Europa.
 
Desde a súa creación até comezos do [[século XVI]] ficou nunha sala de recepción do concello de Nürnberg. Posteriormente estivo en posesión da familia Behaim. En [[1907]] foi transferido ó Museo Nacional Xermánico ([[Germanisches Nationalmuseum]]) de Nürnberg.