Álvar Núñez Cabeza de Vaca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Guerra das Comunidades de Castela
Jglamela (conversa | contribucións)
homónimo
Liña 40:
En [[Matagorda]], preto de [[Galveston]], Cabeza de Vaca encontrouse con algúns dos seus antigos compañeiros de expedición: [[Andrés Dorantes de Carranza]], [[Alonso del Castillo Maldonado]] e [[Estebanico]] e xuntos foron nunha nova travesía.<ref name=documental />
[[Ficheiro:Riogrande.jpg|miniatura|200px|O Río Bravo.]]
Por temor aos aborixes da costa e crendo que neses territorios do norte atoparían [[ouro]], remontaron o [[Río Grande, América do Norte|río Bravo]], en vez de dirixirse ao asentamento español do [[río Pánuco]]. Durante a viaxe cara o noroeste de México, exerceron como curandeiros mediante a imposición das súas mans e o rezo de [[avemaría]]s e [[nosopai]]s en [[Lingua latina|latín]]. Cando Cabeza de Vaca sacou con éxito a punta dunha frecha que un indíxena tiña cravada preto do corazón, a fama de curandeiros e xente de ben entre as tribos xa non os abandonou.<ref name=NAUFRAGIOS/>
 
Gañaron a vontade dos nativos e fixeron varias exploración na busca dunha ruta para regresar á [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]] polo que hoxe é o suroeste dos [[Estados Unidos de América]] e o norte de [[México]]. Tras deambular durante largo tempo pola extensa zona que hoxe é a fronteira entre ambos países, chegaron á zona do río Bravo, e seguindo o curso do río atoparon tribos adicadas á caza do [[bisonte]] coas que conviviron.<ref name=NAUFRAGIOS/>