Diferenzas entre revisións de «Biodiversidade»

m
sen resumo de edición
m
[[Ficheiro:Lynx lynx poing.jpg|miniatura|dereita|200px|Imaxe dun Lince ''[[Lince (zooloxía)|Lynx lynx]]'', unha das cerca de 2 millóns de especies identificadas que conforman o patrimonio da '''Biodiversidade''' no mundo]]
 
'''Biodiversidade''' ([[neoloxismo]] do [[Lingua inglesa|inglés]] ''Biodiversity'', á súa vez do [[Lingua grega|grego]] ''βιο-'', vida, e do [[latín]] ''diversĭtas, -ātis'', variedade), ou '''diversidade biolóxica''', é o termo polo que se fai referencia á riqueza de seres vivos dun [[hábitat]] ou dun [[ecosistema]], ou a todo o conxunto de seres vivos da [[Terra]]. A biodiversidade refírese tanto á riqueza en diversidade de especies, á súa diversidade intraespecífica, como á de grupos taxonómicos, á de grupos morfolóxicos e á de grupos funcionais. Así, o concepto abrangue as diferenzas de composición dasdos individuos de especies (diferenzas xenéticas) e de especies de hábitats ata a variedade taxonómica e funcional das especies dun ecosistema.
 
Os patróns de biodiversidade dos hábitats e ecosistemas son resultado de procesos que van de mecanismos a curta escala, como a migración ou nacementos, a escalas de miles de millóns de anos, como os procesos especiaciónespecialización e [[evolución biolóxica|evolución]]. O termo popularizouse logo da Conferencia Internacional do [[Río de Xaneiro]] de [[1992]] na que numerosos estados asinaron a Convención sobre a diversidade biolóxica<ref>[http://www.universalis.fr/encyclopedie/UN96050/Biodiversite.htm?dref=574# Biodiversité. ''Encyclopædia Universalis'']</ref>.
 
Non se sabe con certeza o número total de diferentes especies existentes no planeta: a súa riqueza de especies. Estímase que podería haber máis de 30 millóns de especies, aínda que só se ben só se clasificaron algo máis de 2 millóns. Unha estimación de 2011 a cuantificouna en 8,74 millóns de especies, cunha marxe de erro de 1 millón [http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Tierra/hay/87/millones/especies/ultima/estimacion/elpepusoc/20110823elpepusoc_7/Tes].
 
A biodiversidade ten patróns bioxeográficos e temporais: a riqueza de especies varía segundo a latitude e os ecosistemas analizados e segundo os estadios das sucesións. Estímase que hábitats con maior diversidade son os bosques tropicais, os arrecifes de coral e as zonas de afloramento costeiro.
* [[destrución do hábitat|Destrución]] e [[fragmentación de hábitat]]s, especialmente bosques e ecosistemas acuáticos, debido a incendios forestais, deforestación con fins madeireiros, construción de vías de comunicación, encoros etc.
* Contaminación de augas, solos e atmosfera, producida polo desenvolvemento agrícola<ref name=":0" />, industrial e urbano. Un dos seus efectos máis importantes é o [[cambio climático]].
* Caza incontrolada. A [[Cinexética|caza]] regrada e vixiada non ten por que causar danos , pero a caza e a pesca abusiva exterminan especies ameazadas.
* Introdución de especies exóticas fóra da súa área de distribución, o que pon en perigo as especies autóctonas. A venda de certos animais de compañía que se poñen de moda en determinados momentos, o coleccionismo de animais, e o comercio ilegal de especies protexidas supoñen unha gran perda de biodiversidade.
 
Aínda que algunhas especies desaparecen por causas naturais, hai un gran número de razóns para evitar a súa desaparición por causas non naturais; entre elas destacan:
* Razóns éticas. Respectar a diversidade de formas de vida e evitar as accións que poñan en perigo os seres vivos é necesario para preservar os recursos das futuras xeracións.
* Razóns comerciais. A biodiversidade proporciona recursos que poden chegar a esgotarse. Moitos materiais que necesitamos habitualmente, como a [[madeira]], o [[papel]], os alimentos etc., obtéñense de organismos vivos. Algunhas substancias producidas por seres vivos utilízanse para curar ou previr enfermidades, como os [[antibiótico]]s obtidos dos [[Fungo (bioloxía)|fungos]]. A maior parte dos materiais que utilizamos no vestir teñen unha orixe animal (peles, [[la]] etc.) ou vexetal ([[algodón]], [[liño]] etc.). Outros materiais, coma o [[caucho]], o [[aceite]], as fibras, o papel e a [[resina]] obtidas de especies vexetais son fontes de materia prima para a industria.
* Razóns estéticas ou recreativas. As plantas e os animais salvaxes son fonte de admiración para moitas persoas, teñen un alto valor estético e son obxecto de lecer. Por outro lado, posibilitan a obtención de ingresos do [[turismo]], a caza controlada, os safaris fotográficos, etc.
* Razóns científicas. Manter a biodiversidade permite coñecer mellor o funcionamento dos [[ecosistema]]s e o papel dos distintos seres vivos en cada un deles.
 
2.683

edicións