Brántega, Agolada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 14:
 
== Economía ==
A parroquia de Brántega foi cabeza do concello e nela celebrábase unha importante feira no lugar da [[A Feira Nova, Brántega, Agolada|Feira Nova]] o día 26 de cada mes, hoxe desaparecida. Ademais é un nó de comunicacións para as freguesías do arredor e mantén unha certa actividade comercial e de servizos, contituida por CASA FRAGA e CARMOEGA RACING. A súa maior riqueza é a forestal e destaca pola súa produción de cortiza, xa que a [[sobreira]] medra en abundancia na cunca do [[río Arnego]], afectada polo incendio de Toiriz en maio de 2018, así como por unha praga que está levando a que estas morran.
 
A gandería é a principal economía da parroquia, con dúas grandes granxas, sitas no lugar de Castro. Hai plantacións de [[eucalipto]] e [[piñeiro]], decote afectadas polos incendios. O resto da economía local é a denominada economía de subsistencia propia das aldeas, entre a que se sitúa a produción apícola, moi afectada polas vespas velutinas{{cómpre referencia}}.
 
== Patrimonio ==