Diferenzas entre revisións de «Carmen Muñoz Manzano»

sen resumo de edición
 
== Traxectoria ==
Naceu no seo dunha familia acomodada. Estudou Maxisterio en [[Salamanca]] e [[Madrid]], e tras aprobar as oposicións de Inspectora de Ensino Primario foi destinada á [[provincia de Lugo]] e despois a [[Valencia de Alcántara]]. Mentres colaboraba coas [[Misións Pedagóxicas]] coñeceu a [[Rafael Dieste]], con quen casou en [[Santander]] o [[3 de setembro]] de [[1934]].
[[Ficheiro:Editorial Atlántida (5480351116).jpg|miniatura|Editorial Atlántida.]]
 
Durante o [[alzamentoGolpe nacionalde Estado do 18 de xullo de 1936]] estaba en Madrid co seu marido. Iniciaron unha defensa activa da [[Segunda República Española|Segunda República]] a través de labores pedagóxicas e publicacións culturais. En febreiro de 1939 logrou chegar a [[París]], mentres que Dieste foi ao campo de concentración de Saint-Cyprien. Estiveron exiliados en [[Bos Aires, Arxentina|Bos Aires]], [[Cambridge]] e [[Monterrey]]. En [[México]] deu clases no Instituto Tecnológico, e en Bos Aires fixo dende a casa revisións de libros e traducións para a editorial[[Editorial Atlántida]], e impartiu algunha conferencia (entre elas unha sobre [[Dulcinea]]) e deu clases cubrindo interinidades.
 
Durante a súa etapa no exilio tivo unha gran relación epistolar, que dá conta da súa vida e da do seu círculo de amizades, [[Luís Seoane]] e a súa muller Maruxa, [[Lorenzo Varela]], [[Antonio Baltar]] e [[Mireya Dieste Fernández]], [[Enrique Casal Chapí]], [[Antonio Sánchez Barbudo]] ou [[Arturo Serrano Plaja]], así como das novas amizades como [[Gabriel Zaid]], [[Esther de Cáceres]], [[Federico Lachica]] ou [[Isaac Díaz Pardo]].
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* {{Cita libro |nome1=X. L. |apelidos1={{Versaleta|Axeitos}} |ligazónautor1=Xosé Luís Axeitos |nome2=X. (coordinadores) |apelidos2={{Versaleta|Seoane}} |ligazónautor2=Xavier Seoane |ano=1994 |título=Luís Seoane e o libro galego na Arxentina [1937-1978] |editorial=[[Deputación da Coruña]] |páxina=18 |ref=harv}}
*{{Versaleta|[[Rosario Portela Yáñez|Portela Yáñez, R.]]}} (2012): [http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=295 Carmen Muñoz Manzano], biobibliografía no [[Álbum de Mulleres]].
=== Ligazóns externas ===
* {{Versaleta|[[RosarioCharo Portela Yáñez|Portela Yáñez, R.]]}} (2012): [http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=295 Carmen Muñoz Manzano], biobibliografía no [[Álbum de Mulleres]].
 
{{control de autoridades}}
186.563

edicións