Diferenzas entre revisións de «Terra de Montes»

sen resumo de edición
''Para a comarca actual, véxase '''[[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes]]'''''
 
A '''Terra de Montes''' é unha [[comarca]] histórica galega situada entre as actuais [[Provincias de España|provincias]] de [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]] e [[Provincia de Ourense|Ourense]]. Pertencen a esta comarca os concellos de [[Concello de Cerdedo|Cerdedo]] (hoxe integrado no de [[Cerdedo-Cotobade]]) e [[Forcarei]], na provincia de [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]], e mais [[Beariz]], na provincia de [[Provincia de Ourense|Ourense]]. Ademais destes tres concellos, a comarca está integrada tamén pola parroquia de [[Sabucedo, A Estrada|Sabucedo]] na [[A Estrada|Estrada]], [[Morillas, Campo Lameiro|Morillas]] e [[Montes, Campo Lameiro|Montes]] en [[Campo Lameiro]], [[Caroi, Cerdedo-Cotobade|Caroi]] no antigo [[concello de Cotobade]], [[A Barcia do Seixo, A Lama|A Barcia do Seixo]] na [[A Lama|Lama]] e [[Zobra, Lalín|Santa María de Zobra]] no concello de [[Lalín]].<ref>{{Cita web|url = http://www.webterrademontes.com/Geografia.htm|autor = Antonio Rodríguez Fraiz|título = Amigos da Terra de Montes|data-acceso = 17 de agosto de 2015|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20160308205656/http://www.webterrademontes.com/Geografia.htm|dataarquivo = 08 de marzo de 2016|urlmorta = si}}</ref> Non ten recoñecemento legal ou xurídico.
 
== Xeografía ==
A bisbarra ten unha extesión de 375 km<sup>2</sup> e debe o seu nome á [[orografía]] montañosa do territorio, no que destacan serras e picos de até 1000 m de [[altitude]], como o monte Seixo, o outeiro do Couto, Marcofán, a [[serra do Cando]], a [[serra do Candán]], a [[serra do Suído]] e os [[Montes do Testeiro]]. Estas montañas acubillan os manaciais de '''importantesvarios ríos''' importantes: o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|Lérez]], o [[Río Umia|Umia]], o [[Río Deza|Deza]] e o [[Río Verdugo|Verdugo]].
 
== Historia ==
A primeira referencia documental da Terra de Montes é de mediados do [[século X]], para designar unha extensa parroquia da [[Diocese de Iria|diocese de Iria Flavia]]. En [[1115]], a raíña [[Urraca de León|Urraca]] doa a metade deste territorio á igrexa de Santiago. A outra metade é doada polo rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] en [[1176]], completando a totalidade de “terra illa, qua dicitur Montes” (“daquela terra, que se denomina Montes”). Aparece así a denominación de Terra de Montes, que pasa de ser [[Reguengo (propiedade)|reguengo]] a converterse nun [[Arciprestados de Galicia|arciprestado]] da [[Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela|diocese compostelá]].
 
Con todo, os abades do [[Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro|mosteiro de Carboeiro]] primeiramente e do [[mosteiro de San Martiño Pinario]] despois, opóñense á xurisdición civil e criminal do arcebispado nos [[Couto|coutos]] de [[Folgoso, Cerdedo-Cotobade|Folgoso]], de [[Ventoxo, Forcarei|Ventoxo]] e de [[Tomonde, Cerdedo-Cotobade|Tomonde]]. Tamén o abade do [[Mosteiro de Santa María de Aciveiro|Mosteiro de Aciveiro]], fundado en [[1135]], quereleouse, no seu caso, pola xurisdición das encomendas de [[Aciveiro]] (Aciveiro, [[Pereira, Forcarei|Pereira]], [[Dúas Igrexas, Forcarei|Dúas Igrexas]], [[A Madanela de Montes, Forcarei|A Madanela de Montes]], [[Beariz, Beariz|Beariz]] e couto de Vilar). Finalmente, nos derradeiros anos do [[século XVI]] e nos iniciais do seguinte, os arcebispos composteláns impuxeron a súa forza e poderío, exercendo en diante o goberno sobre a xurisdición de Montes, composta por 23 parroquias e mailos lugares de [[Medelo, Caroi, Cerdedo-Cotobade|Medelo]], [[A Laxa, Caroi, Cerdedo-Cotobade|A Laxa]], O Coto ([[Caroi, Cerdedo-Cotobade|Caroi]]), Bugarín ([[Montes, Campo Lameiro|San Isidro de Montes]]) e [[Porto Martín, Zobra, Lalín|Porto Martín]] ([[Zobra, Lalín|Zobra]]). Na esfera eclesiástica, o goberno arcebispal ampliábase ás 26 parroquias do arciprestado de Montes.
 
A sede do poder señorial na época medieval era a fortaleza de Castro, na actual parroquia de [[San Miguel de Presqueiras, Forcarei|San Miguel de Presqueiras]], destruída en [[1466]] pola irmandade de Pontevedra na [[Gran Guerra Irmandiña|guerra Irmandiña]] e reconstruída polo arcebispo [[Alonso II de Fonseca]]. Finalmente será abandonada na [[década de 1590]], con ocasión do traslado definitivo da residencia do [[Meiriño|xuíz-meiriño]], nomeado polo arcebispo compostelán, a [[Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei|Soutelo de Montes]], onde desde entón se celebran as audiencias xudiciais.
 
O goberno arcebispal manterase en Soutelo de Montes ata o [[século XIX]]. Sucesivamente, en fases de goberno liberal en 1811 e 1823, decretouse a abolición dos [[señorío]] xurisdicionais, aínda que debe esperarse ata [[1837]], coa “Nova Planta dos Concellos Constitucionais desta provincia”.
 
== Poboación ==
1.503

edicións