Diferenzas entre revisións de «Club Balonmán Cangas»

(→‎Descensos á División de Honra Prata: esquecera unha referencia.)
Con todo, a nova etapa na Liga ASOBAL durou só unha tempada,<ref name="historia"/> tras quedar na última posición cun pobre rexistro de tres vitorias, un empate e vinte e seis derrotas para un total de sete puntos, once menos que o Lábaro Toledo, que conseguiu a permanencia logo de finalizar na 14ª posición. Deste xeito o equipo de Curro Lucena consumaba o segundo descenso da Liga Asobal do club cangués.<ref>{{Cita novas |url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/2010/05/16/pagina-37/5620273/pdf.html |título=El Arrate cae derrotado en Torrevieja con un apretado final |xornal=Mundo Deportivo |data=16 de maio de 2010 |dataacceso=5 de febreiro de 2020 |lingua=es}}</ref>{{Harvnp|Cangas|2011|p=104}}
 
Na campaña [[2011]]-[[2012|12]] conseguirían rematar terceiros na clasificación regular, o que lles deu acceso a xogar as eliminatorias polo ascenso, as cales non estiveron exentas de polémica, xa que un día antes da que se disputara a derradeira xornada de liga o Comité Español de Disciplina Deportiva decidiu que se lle devolveran os tres puntos que o Comité de Competición lle quitara ao equipo cangués por aliñamento indebido.<ref>{{Cita novas |ulrurl=https://www.marca.com/2012/05/26/balonmano/1338001709.html |título=Una fase de ascenso marcada por la polémica |nome=Jorge |apelidos=Dargel |xornal=[[Marca (xornal)|Marca]] |data=26 de maio de 2012 |dataacceso=21 de maio de 2020 |lingua=es}}</ref> Na fase de ascenso disputada en Cangas os do Morrazo enfrontáronse na primeira rolda ao [[Agrupación Balonmano Gijón Jovellanos|Gijón Jovellanos]], ao que derrotaron por un axustado 21-20 nun partido que o cadro cangués puido ter sentenciado ao acumular unha vantaxe de catro goles no minuto 50.<ref>{{Cita novas |url=https://www.rtpa.es/noticias-deportes:El-Jovellanos-se-queda-sin-el-sueno-de-Asobal_111338058086.html |título=El Jovellanos se queda sin el sueño de Asobal |xornal=[[Radiotelevisión del Principado de Asturias|RTPA]].es |data=26 de maio de 2012 |dataacceso=21 de maio de 2020 |lingua=es}}</ref> Na final enfrontouse ao [[Club Balonmano Villa de Aranda|BM Villa de Aranda]], vencendo novamente (27-25) nun partido no que case sempre levou a dianteira e no que chegou a dominar cunha vantaxe de sete goles. Deste xeito o club cangués regresaba á máxima categoría do balonmán español, acompañando ao [[ARS Palma del Río|ARS Palma Naranja]] [[Provincia de Córdoba|cordobés]], que ascendera de xeito directo tras finalizar segundo a División de Honra Prata.<ref name="correo">{{Cita novas |url=https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/cangas-vuelve-asobal-OHCG748305 |título=El Cangas vuelve a la Asobal |xornal=[[El Correo Gallego]] |data=27 de maio de 2012 |dataacceso=21 de maio de 2020 |lingua=es}}</ref>{{refn|group=lower-alpha|O primeiro clasificado foi o filial do [[Fútbol Club Barcelona (balonmán)|FC Barcelona]],<ref name="correo"/> que non podía ascender ao ser o filial dun equipo da Liga Asobal.}}
 
==== Nova etapa na Liga ASOBAL ====
30.156

edicións