Adalberto de Kent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de unha > dunha
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna
Liña 96:
As manufacturas de Kent anteriores ao ano 600 incluían recipientes e xoias. Os xoieiros de Kent eran moi cualificados, e antes do final do século VI tiveron acceso ao ouro. Atópanse bens oriúndos de Kent en cemiterios da outra beira do Canal e tan lonxe como na embocadura do [[Río Loira, Francia|Loira]]. Non se sabe o que Kent obtiña a cambio destes bens, pero parece probable que houbera un florecente comercio de escravos. E moi posible que esta riqueza fora o fundamento do poder de Aethelberht, aínda que a súa autoridade e os consecuentes dereitos de reclamar tributos, a súa vez traerían riquezas.<ref name="Campbell_TAS_44"/>
 
Quizais fora durante o reinado de Aethelberht cando comezou a [[cuñaxe]] de [[moeda]]s en Inglaterra: ningunha ten o seu nome, mais pénsase que é probable que as primeiras moedas sexan de antes de finais do século VI. Estas primeiras moedas eran de ouro, e probablemente fosen os xilins (''scillingas'' en inglés antigo) que se mencionan nas leis de Aethelberht.<ref name="Yorke_40"/> As moedas tamén se coñecen en [[numismática]] como "thrymsas".<ref name="Blackwell_113">"Coinage", [[Mark Blackburn|M. A. S. Blackburn]], in Lapidge, ''Encyclopaedia of Anglo-Saxon England''.</ref>
 
=== Morte e sucesión ===