Tigre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xosé (conversa | contribucións)
m Aumentei os vínculos
Liña 17:
</table>
 
Os '''tigres''' (Panthera tigris) son [[mamífero]]s da familia Felidae, pertencentes a unha das catro especies de felinos[[felino]]s do xénero Panthera. Os tigres son cazadores carnívoros[[carnívoro]]s.
 
O peso récord dun macho adulto é de máis dun terzo de tonelada. Coma os leopardos[[leopardo]]s, os tigres comen principalmente de noite. A pesar do seu gran tamaño, poden axexar as súas presas en completo silencio, denantes de se abalanzar sobre elas a curta distancia. Apreixan as súas vítimas coas poutas[[pouta]]s dianteiras e mátanas trabándolles na gorxa. Os tigres son perigosos para as persoas; levan causadas moitas vítimas, especialmente alí onde os [[Ser Humano|humanos]] alteran o seu hábitat natural.
 
Nos últimos anos, a poboación mundial de tigres descendeu, principalmente a causa da caza ilegal; na actualidade quedan probablemente menos de 7.000 exemplares en estado salvaxe
 
Os tigres presentan unhas raias negras que os axudan a [[camuflaxe|camuflarse]]. Non teñen inimigos naturais, pero os homes mátanos porque teñen medo deles, se ben os tigres no merecen esa mala sona. Os casos de tigres devoradores de homes son raros, e cando suceden trátase case sempre de animais vellos ou enfermos que non poden cazar as súas presas tradicionais, como o búfalo indio ou o sambar.
 
Os primeiros tigres auténticos orixináronse no sur de [[Siberia]] durante o [[Pleistoceno]]. Dende alí iniciaron unha longa expansión que se concretou ao longo de dúas rotas distintas: unha cara o leste, a través das estepas de [[Asia]] Central, que os levou ata [[Persia]], [[Mesopotamia]] e mailo [[Cáucaso]]; e outra ao longo do litoral de [[China]], que rematou na [[India]] e o Surleste Asiático, a onde chegaron hai menos de dez mil anos. Xa en época histórica, a presión humana forzou a redución e extinción de moitas poboacións, malia que ata o [[século XIX]] aínda gozaban dunha distribución que aínda sendo irregular espallábase dende [[Xeorxia]] ata a illa indonesia de [[Bali]].
 
Na actualidade sobreviven cinco subespecies de tigres: o de Bengala (Panthera tigris tigris), posiblemente o máis coñecido polo ser humano hoxendía, habita no subcontinente indio; o de Siberia (P. t. althaica), o tigre máis alto e corpulento; o de Sumatra, do que quedan menos de 500 exemplares, unha subespecie de tigre de -relativamente- pequenas dimensións; o de indochina (P. t. corbetti), e o tigre do sur de China (P. t. amoyensis), o que corre máis perigo de extinción na actualidade, xa que só quedan uns trinta exemplares. O famoso "tigre branco" é, en realidade, unha variedade de tigre bengalí orixinaria do estado indio de Madhya Pradesh (antigo reino de Rewa), na que a cor leonada da pelaxe foi substituída por branco debido a unha mutación; os ollos destes tigres son azuis.
 
Durante o [[século XX|s.XX]] extinguíronse outras tres subespecies debido á caza e ao deterioro do seu [[hábitat]]. O tigre do [[Mar Caspio|Caspio]] (P. t. virgata), un voluminoso tigre semellante ao de Bengala pero que podía superar os 400 kilos de peso, sufriu unha dura campaña de exterminio na [[Rusia]] zarista. O último exemplar ruso foi abatido no actual [[Acerbaixán]] en [[1923]], e a subespecie desapareceu definitivamente cando se cazou o derradeiro tigre [[Irán|iraní]] en [[1959]]. Unhas décadas antes, en [[1937]], o pequeno tigre de Bali (P. t. balica), unha raza de cor escura e menos de 100 kilos de peso máximo, foi exterminado, namentres que na veciña illa de [[Java]] perdeuse a pista á subespecie local (P. t. sondaica) a mediados dos 70.
 
Frecuentemente en América denomínase tigre, pola súa semellanza, ao xaguar.