Diferenzas entre revisións de «Escala (cartografía)»

Máis de en.wiki
(Máis de en.wiki)
{{en uso}}
[[Ficheiro:CraryMtnsMap.jpg|miniatura|Mapa topográfico onde se indica unha escala de redución 1:250 000, o que significa que cada [[centímetro]] no mapa físico son 2,5 [[Quilómetro|km]] na realidade.]]
A '''escala''' é a relación de [[Proporcionalidade|proporción]] entre as dimensións reais dun obxecto e as do [[debuxo]] que o representa, por exemplo, se unha escala indica unha proporción 1:15000 significa que un centímetro do mapa representa 15 000 na vida real. Este sinxelo concepto complícase pola curvatura da superficie da [[Terra]], que obriga a escala a cambiar polo mapa. A causa desta variación, o concepto de escala vólvese significativo en dúas formas distintas.
 
A primeira é a [[razón (matemáticas)|razón]] entre o tamaño do "globo xerado" e o tamaño da Terra. O globo xerado é un modelo conceptual en que a Terra se reduce e a partir dela se [[proxección cartográfica|proxecta]] o mapa. A razón entre o tamaño da Terra e o do globo xerado chámase escala nominal.
 
A segunda forma refírese á variación da escala polo mapa. É a razón entre a escala do punto cartografado e a escala nominal. Neste caso ''escala'' significa "factor de escala".
 
Se a rexión do mapa e suficientemente pequena para ignorar a curvatura de Terra, como nun plano dunha localidade, pódese empregar un único valor sen causar erros de medida. En mapas maiores, ou en [[mapamundi]]s, a escala do mapa pode ser menos útil e mesmo inútil para medir distancias. A proxección do mapa vólvese fundamental para entender como varía a escala polo mapa.<ref name=snyder>{{cita libro|apelidos=Snyder|nome= John P. | title=Map Projections - A Working Manual. U.S. Geological Survey Professional Paper 1395 | publisher =United States Government Printing Office, Washington, D.C. | year=1987}} [https://pubs.er.usgs.gov/pubs/pp/pp1395 USGS pages.]</ref><ref name=flattening>''Flattening the Earth: Two Thousand Years of Map Projections'', John P. Snyder, 1993, pp. 5-8, {{ISBN|0-226-76747-7}}</ref> Cando a escala varía significativamente, pode terse en conta para o factor de escala. Ás veces emprégase a [[indicatriz de Tissot]] para ilustrar a variación do factor de escala por un mapa.
 
== Historia ==
Os fundamentos para as escalas nos mapas chegan á antiga China, en que hai evidencias de que a idea da escala cartográfica xa se entendía no século II a.C. Mesmo existen referencias que postulan a existencia dun sistemas de coordenadas primitivo para a identificación de lugares por parte dos astrónomos chineses.<ref name="Selin 2008 567">{{Cita libro|title=Encyclopaedia of the History of Science, Technology, and Medicine in Non-Western Cultures |last=Selin |first= Helaine |publisher=Springer |year=2008 |isbn= 978-1402049606 |publication-date=17 de marzo de 2008 |page=567}}</ref>
 
O cartógrafo e xeógrafo chinés [[Pei Xiu]] do período dos Tres Reinos creou un conxunto de mapas de grandes áreas debuxados a escala. Estableceu unha serie de principios que destacaban a importancia de facer escalas consistencias, medidas direccionais e axustes nas medidas dos terreos que ían ser cartografados.<ref name="Selin 2008 567"/>
 
== Representación ==
 
=== Escala gráfica, numérica e unidade por unidade ===
* '''A escala numérica''' representa a relación entre o valor da representación (o número á esquerda do símbolo ":") e o valor da realidade (o número á dereita do símbolo ":") e un exemplo diso seríaé 1:100 &nbsp;000, o que indica que unha unidade calquera no plano representa 100 &nbsp;000 desas mesmas unidades na realidade; doutro xeito, dous puntos que no plano se atopan a 1 cm estarán na realidade a 100&nbsp;000&nbsp;cm, se están no plano a 1 m na realidade estarán a 100&nbsp;000&nbsp;metros, e así con calquera unidade que se tome.
* '''A escala unidade por unidade''' é a igualdade expresa de dúas lonxitudes: a do mapa (á esquerda do signo "=") e a da realidade (á dereita do signo "="). UnPor exemplo diso sería, 1&nbsp;cm = 4&nbsp;km; 2&nbsp;cm = 500&nbsp;m etc.
* '''A [[escala gráfica]]''' é a representación debuxada da escala unidade por unidade, onde cada segmento mostra a relación entre a lonxitude da representación e o da realidade. Un exemplo diso seríaé: 1&nbsp;cm__ou__10&nbsp;km
[[Ficheiro:Map scale - 8km, 5mi.png|miniatura|centro]]
 
== Notas ==
40.335

edicións