Día Nacional de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
Liña 9:
Durante a ditadura [[Franquismo|franquista]], as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na [[Galiza]] o [[Galeguismo (política)|galeguismo]] concéntrase ó redor da tradicional misa por [[Rosalía de Castro]] na igrexa de [[San Domingos de Bonaval]]. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda [[España]], baixo o nome de ''Día do Patrón de España'', cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país. Asemade, seguían as conmemoracións no exilio, como a lectura do discurso ''[[Alba de Groria]]'' de [[Castelao]] en 1948.<ref name="praza"/>
 
=== PeríodoDerradeiros democráticoanos do franquismo ===
En [[1968]] volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o [[Partido Socialista Galego]] (PSG) e a [[Unión do Povo Galego]] (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o ''Día Nacional de Galicia'' que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG ([[Asemblea Nacional-Popular Galega]]) e BN-PG, xermes do actual [[Bloque Nacionalista Galego]]. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do ''Día da Patria'' con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o [[25 de xullo]] na capital galega.