Julio Anguita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado commons
Liña 8:
 
== Traxectoria ==
Procedente dunha familia de militares e gardas civís, estudou maxisterio e posteriormente historia na [[Universidade de Barcelona]], militante do [[Partido Comunista de España]] desde 1972 (ou 1974), foi alcalde de [[Córdoba, España|Córdoba]] entre 1979 e 1988, candidato á presidencia da [[Xunta de Andalucía]] en 1986, elixido secretario xeral do PCE en 1988, cando se formou [[Izquierda Unida]] converteuse no seu coordinador xeral. Deputado no [[Congreso dos Deputados]] (1989-2000). En 1999 deixou a secretaría do seu partido tras sufrir problemas cardiovasculares.
 
Durante o seu liderado IU mantivo unha política moi belixerante co goberno do [[PSOE]], con posturas próximas á ortodoxia comunista, e opostas á Europa de Maastricht, favorecendo acordos puntuais co [[Partido Popular]], o que provocou enfrontamentos no interior da coalición que levan á expulsión da corrente [[Nueva Izquierda]] e a ruptura con [[Iniciativa per Catalunya Verds|Iniciativa per Catalunya]], pero tamén é certo con el IU obtivo os mellores resultados electorais da súa historia.
 
O seu fillo, [[Julio Anguita Parrado]], xornalista, morreu cando cubría coas tropas norteamericanas a invasión de [[Iraq]] de 2003 por un disparo iraquí.