Eulogia Merle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxos
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 18:
Eulogia Merle naceu e estudou [[Belas Artes]] en Buenos Aires, pero tempo despois foi a vivir a [[Madrid]], onde se dedica a traballar como [[Ilustración (deseño gráfico)|ilustradora]] de forma constante para o xornal ''[[El País]]'' e, posteriormente, tamén para ''[[La Nación]]'' de Buenos Aires. Así mesmo traballou en diferentes [[Edición|editoriais]] ilustrando [[libro]]s de [[literatura]] para adultos e infantís. Eulogia é unha [[artista]] cunha forte defensa dos seus principios e unha clara visión de como afrontar a realidade mediática. Hoxe en día segue vivindo en España.<ref name=M>{{Cita novas |título= Eulogia Merle: "la gente creía que mi nombre era un pseudónimo porque les parecía que mis trabajos no estaban desarrollados de una forma femenina"|autor= Nehuen Wolf |url= https://revistamutt.com/visuales/eulogia-merle-entrevista/ |data= 9 de outubro de 2017|dataacceso=16 de maio de 2020|xornal= Prensa r.MUTT}}</ref>
 
No ano [[2000]] publicou o seu primeir libro (''La vida de las abejas'', de Maurice Matter), nunha editorial que se chamaba Longseller. Toda a súa vida foi [[debuxo|debuxante]], nunca deixou de debuxar e, buscando un pouco a súa saída laboral, pasou pola [[escenografía]], entre outras cousas. Pero a ilustración gustáballe moito. Fixo unha carpeta con ilustracións propias para o libro ''[[La peste]]'' de [[Albert Camus]] para presentar en editoriais.

Nese momento na Arxentina estaba nunha situación complicada, e tomou a decisión de ir a [[España]] co seu libriño ilustrado. Presentouno en moitas editoriais, e aínda que lle gustaban os debuxos, nunca a chamaron, até que chegou o momento de ''El País''. Púxose en contacto cun debuxante arxentino que traballa no xornal, conseguille unha entrevista, e contratárona.<ref name=M/>
 
Eulogia Merle e, aínda que ela se autodefine como unha simple debuxante, é realmente unha [[artista]], porque non se lle escapa ningunha forma de creación, desde a [[escritura]] ao [[vídeo]]. Merle é unha artista comprometida, [[Progresismo|progresista]] e «non pinta para señoras elegantes».<ref name=10m>{{cita novas |xornal= 10 minutos|data= 20 de xaneiro de 2020 |título= Eulogia Merle: "El arte siempre debe ir a contracorriente"|autor=Luis Algorri |url= https://www.20minutos.es/noticia/4122370/0/exposicion-pintora-ilustradora-argentina-eulogia-merle/ |dataacceso=16 de maio de 2020}}</ref>
 
En [[2019]] fixo unha exposición, titulada ''Reflexiones'', en Madrid, e outra no ano seguinte, no hotel ''Emperador'', tamén en Madrid, con quince obras, algunhas anteriores e, sobre todo, varias novas, preparadas expresamente para esta mostra.

Participou na homenaxe que numerosos artistas lle dedicaron a [[Chavela Vargas]], ''Llorando a Chavela'', na [[Casa América]] de Madrid, e interveu tamén no ''Festival Luminaria'', en Madrid, que trataba de revitalizar e dar novo valor aos espazos urbanos perdidos. Ademais diso están os talleres que dirixe, as obras que lle encargan, e o traballo no seu estudio.<ref name=10m/>
 
Nas súas palabras, Merle di que «non cre moito na [[arte]] como ferramenta de transformación social; os artistas xa non podemos facer iso, moi rara vez consíguese facer algo que cambie de verdade, non xa o mundo, senón sequera ás persoas que o ven. Agora ben, hai que intentalo: o movemento cara a esa transformación e o correcto, temos que vivir para transformar a realidade e lograr que nela caibamos todos».<ref name=10m/>
 
== O seu traballo do MUNCYT ==
No [[Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía]] (MUNCYT) da [[A Coruña|Coruña]] realizou 100 retratos no ''Salón de los ilustres''. Nas súas palabras ese foi un traballo marabilloso. Un traballo en equipo con xente moi interesante, [[científico]]s e [[Divulgación científica|divulgadores]] de todo o país, co lúcido [[Ramón Núñez Centella]] á cabeza.

Houbo que facer unha investigación para retratar a 100 ilustres das [[ciencia]]s do territorio da [[península Ibérica]]. Fixen as 100 ilustracións, pasei moito tempo na Coruña, traballaba 12 horas ao día, pero ningún día perdín meu descanso á mediodía para darme un baño coas señoras na [[praia de San Amaro]], ao lado do Club del Mar.

Había pouco tempo, presas, o traballo tiña que estar rematado a finais de [[2011]] para a inauguración do espléndido edificio ''Prisma de Cristal'' deseñado polos arquitectos [[Victoria Acebo]] e [[Ángel Alonso]]. Logo as ilustraciones foron impresas en [[metacrilato]] transparente nunhas super imprentas planas en [[Lugo]].

Deseñouse un damero. Cada cadrado coa ilustración mide 60 x 60 cm. O mural mide 10 x 6 m. É unha obra que pertence ao Museo e pode vivistarse. Quedará alí, esperemos, que para sempre.<ref>[https://eulogiamerle.com/2016/04/07/proyecto-muncyt/ Eulogia Merle. Proyecto MUNCYT].</ref>
 
== Notas ==