Fiódor Dostoievski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 80:
Estudosos como [[Bakhtin]] definen as súas obras como polifónicas: Dostoievski non buscaría un só punto de vista e, ademais de describir as situacións desde diferentes ángulos, creou dramas de ideas onde deixa que caracteres e situacións contrapostas se desenvolvan nun intolerable ''crescendo''.
 
==== Temáticas ====
Dostoyevski tomou como materia prima das súas obras as preocupacións que tiña con respecto ao futuro da humanidade<ref name="Fiódor1">''Fiódor Dostoyevski'', p.{{esd}}123. Andrés Luetich.</ref> e as [[Discriminación|inxustizas sociais da súa época]].<ref name="Fiódor">{{Cita web |url=http://original.britannica.com/eb/article-9108410/Fyodor-Dostoyevsky |título=Fiódor Dostoyevski. Encyclopaedia Britannica |dataacceso=18 de febreiro de 2010 |autor=Enciclopaedia Britannica |lingua=Inglés }}</ref> A maioría das súas novelas céntrase na condición humana e trata temas como a pobreza (''[[Bédnyie liudi]]'', ''Pobre xente'', ''[[Unízhenyie i oskorblyónnyie]]'', ''Humillados e ofendidos'', ''[[Seló Stepánchikovo i yegó obitátyeli]]'', ''Stepánchikovo e os seus habitantes'');<ref>{{Cita libro |apelido=Dostoyevski |nome=Fiódor Mijáilovich |título=Pobres xentes |ano=1971}}</ref> as penumbras fantásticas (''[[Dvoinik]]'', ''O dobre''); as relacións amorosas (''[[Bélyye nóchi]]'', ''Noites brancas''); ou o amor, o egoísmo e a autopurificación por medio do sufrimento (''[[Niétochka Nezvánova]]''). O escritor recorre ao [[realismo psicolóxico]] e abarca áreas da [[psicoloxía]], a [[filosofía]] e a [[ética]].
 
Liña 87:
As novelas de Dostoyevski caracterízanse por unha perspectiva social, política e moderna da sociedade, que «destapan o [[cinismo]] e o desprezo ao [[progresismo]] na sociedade»,<ref>{{Cita libro |apelido=Serrano Martínez |nome=Jorge |título=Op. cit. |páxina=425}}</ref> construíndo así un movemento «dostoyevskiano».<ref>{{Cita libro |apelido=Serrano Martínez |nome=Jorge |título=Op. cit. |páxina=433}}</ref> Así mesmo, os seus escritos presentan unha profunda reflexión psicolóxica, o que, segundo [[Joseph Frank]], sitúao como o máximo representante da novela no devandito tópico,<ref>Frank, Joseph. ''Dostoevsky''. Princeton University Press, Princeton, 1979-2003 (cinco volumes).</ref> precursor do [[existencialismo]] e un dos mellores escritores rusos.
 
==== Autobiografías ====
Algunhas pasaxes das novelas de Dostoyevski poden interpretarse como reescrituras encubertas da súa propia vida. A crítica sinalou que estas temáticas pouco recorrentes nas novelas do escritor ruso xurdiron co único motivo de «relatar as súas impresións pasadas».<ref>{{Cita libro |apelido=Serrano Martínez |nome=Jorge |título=Op. cit. |páxinas=203-204}}</ref> Neste sentido, adquiren unha perspectiva singular ''[[Zapiski iz Myortvovo doma]]'', ''Recordos da casa dos mortos'' (a súa novela autobiográfica por antonomasia)<ref>{{Cita libro |apelido=Serrano Martínez |nome=Jorge |título=Op. cit. |páxina=205}}</ref> e ''Unízhenyie i oskorblyónnyie'', ''Humillados e ofendidos''. Na primeira, o autor relata a súa vida como prisioneiro en Siberia a través da figura de Aleksandr Petróvich, un home de clase nobre que, unha vez cumprida a condena por asasinar á súa esposa, queda en Siberia ensinando a ler aos nenos. Na segunda, a pesar de desenvolver un argumento e un estilo narrativo non autobiográficos, válese de elementos deste xénero como recurso literario.