Indicatóridos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Science (journal) +Science); cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 18:
''[[Prodotiscus]]''
}}
 
Os '''indicatóridos''' ('''Indicatoridae''') son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[aves]] [[case paserinas]] da orde [[Piciformes]], xeralmente coñecidos como paxaros indicadores e, nalgúns idiomas, guías do mel. Viven no [[Vello Mundo]] tropical, co maior número das especies en [[África]] e dúas en [[Asia]]. Estas aves son coñecidas porque dúas das especies interaccionan cos humanos guiándoos a onde hai colmeas de abellas para que os homes recollan o [[mel]] e despois elas comen as larvas das abellas e a cera que quedan na colmea destruída. Na súa reprodución algúns funcionan como parasitos, xa que poñen ovos en niños alleos ao estilo dos [[cuco]]s.
 
== Descrición ==
 
A maioría dos indicatóridos son de cores apagadas, aínda que algúns teñen cores amarelos brillantes. Todos teñen plumas externas das colas claras, que son brancas en todas as especies africanas.
 
Liña 29 ⟶ 27:
== Comportamento ==
=== Paxaros guías ===
 
Os indicadores son famosos polo hábito observado nunha ou dúas das súas especies de guiar os humanos ás colmeas de abellas. Unha vez que os homes abren a colmea e recollen o mel, a ave aliméntase das larvas de abella e cera dos restos rotos da colmea. Este comportamento foi moi ben estudado no ''[[Indicator indicator]]''; algunhas autoridades (seguindo a Friedmann, 1955) consideran que tamén ten este hábito a especie ''[[Indicator variegatus]]'', mentres que outros non están de acordo con isto (Short e Horne, 2002). Estes indicadores silvestres demostraron que teñen a capacidade de comprender a chamada humana para que os axude a localizar o mel.<ref>{{Cita publicación periódica |first1=Claire N. |last1=Spottiswoode |first2=Keith S. |last2=Begg |first3=Colleen M. |last3=Begg |title=Reciprocal signaling in honeyguide-human mutualism |journal=[[Science]] |date=July 22, 2016 |doi=10.1126/science.aaf4885 |volume=353 |issue=6297 |pages=387–389}}</ref> Malia a cerenza popular, non hai probas de que estas aves guíen tamén cara ao mel ao [[ratel]], aínda que hai vídeos que aparentemente mostran polo menos algún tipo de relación.<ref name=Dean_ConsBiol>{{Cita publicación periódica|last=Dean|first=W. R. J.|author2=Siegfried, W. Roy |author3=MacDonald, I. A. W. |title=The Fallacy, Fact, and Fate of Guiding Behavior in the Greater Honeyguide|journal=Conservation Biology|date=1 March 1990|volume=4|issue=1|pages=99–101|doi=10.1111/j.1523-1739.1990.tb00272.x|url=http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1523-1739.1990.tb00272.x/abstract|accessdate=11 March 2013}}</ref><ref name=DiscoverBlog>{{Cita web|last=Yong|first=Ed|title=Lies, damned lies, and honey badgers|url=http://blogs.discovermagazine.com/notrocketscience/2011/09/19/lies-damned-lies-and-honey-badgers/|publisher=Kalmbach|accessdate=11 March 2013|date=September 19, 2011}}</ref>
 
Liña 67 ⟶ 64:
 
== Notas ==
{{Listareflistaref}}
* {{Citacita libro | author = Friedmann, Herbert | title = The Honeyguides | publisher = U.S. National Museum (Bulletin 208) | year = 1955 | url = http://hdl.handle.net/10088/10101}}
* {{Citacita libro | author = Short, Lester, and [[Jennifer F. M. Horne|Jennifer Horne]] | title = Toucans, Barbets and Honeyguides | publisher = Oxford University Press | year = 2002 | isbn = 0-19-854666-1}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{commons|Indicatoridae}}
 
* [https://web.archive.org/web/20170107170428/http://www.lynxeds.com/family-text/hbw-7-family-text-indicatoridae-honeyguides Indicatoridae] Lynx Editions
* [http://montereybay.com/creagrus/honeyguides.html Don Roberson's Bird Families of the World]
Liña 80 ⟶ 78:
* {{YouTube|JTXKeBx0I_8|Lesser Honeyguide (Indicator minor)}}
 
{{Controlcontrol de autoridades}}
 
[[Categoría:Piciformes]]