Hidrato de gas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 59:
Os inhibidores termodinámicos máis comúns son o [[metanol]], [[etilén glicol|monoetilén glicol]] (MEG), e [[dietilén glicol]] (DEG), xeralmente denominados simplemente [[glicol]]. Todos poden ser recuperados e recirculados, pero o balance económico da recuperación do [[metanol]] non é favorable en moitos casos. Prefírese o MEG ao DEG para aplicacións nas que se espera que a temperatura sexa de −10 °C ou inferior debido á alta viscosidade a baixa temperatura. O [[trietilén glicol]] (TEG) ten unha presión de vapor demasiado baixa para ser un inhibidor axeitado para ser inxectado nunha corrente de gas. Pérdese máis metanol na fase de gas en comparación co uso do MEG ou DEG.
 
O uso de [[inhibidor cinético|inhibidores cinéticos]] e antiaglomerantes en operacións de campo reais é unha tecnoloxía nova e en evolución. Necesita a realización de estensas probas e a optimización do sistema co que se opera. Aínda que os inhibidores cinéticos funcionan facendo máis lenta a cinética de nucleación, os antiaglomerantes non deteñen a nucleación, senón que deteñen a aglomeración (que se peguen uns a outros) dos cristais de hidrato de gas. Estes dous tipos de inhibidores coñécense tamén como [[LDHI|inhibidores de hidrato de dose baixa]] (LDHI, ''low dosage hydrate inhibitors''), porque requiren concentracións moito menores que os inhibidores termodinámicos convencionais. Os inhibidores cinéticos, os cales non requiren mesturas de hidrocarburos e auga para ser efectivos, son xeralmente polímeros ou copolímeros, e os antiaglomerantes, que si requiren mestura de hidrocarburos e auga, son [[polímero]]s ou compostos [[surfactante]]s [[zwitterion|zwitteriónicoszwitterión]]icos (xeralmente [[amonio]] e COOH), que son ambos os dous atraídos a hidratos e hidrocarburos.
 
== Notas ==