Fiódor Dostoievski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1) (GreenC)
Elisardojm (conversa | contribucións)
+trad eswiki
Liña 42:
As súas novelas mostran a miúdo personaxes vivindo en condicións sociais e mentais extremas, e exploran a psicoloxía humana, analizando a un tempo a situación política, social e moral da [[Rusia]] do seu tempo. É considerado por algúns intelectuais como o precursor do [[existencialismo]] polas súas ''Memorias do subsolo'', segundo [[Walter Kaufmann]] "a mellor abertura para o existencialismo que se escribiu nunca".
 
É considerado un dos máis grandes escritores de Occidente e da literatura universal. Del dixo [[Friedrich Nietzsche]]: «Dostoyevski, o único psicólogo, por certo, do cal se podía aprender algo, é un dos accidentes máis felices da miña vida».<ref>{{Cita libro |apelido=Nietzsche |nome=Friedrich |título=[[Götzen-Dämmerung oder Wie man mit dem Hammer philosophiert]], §45}}</ref> E [[José Ortega y Gasset]] escribiu: «En tanto que outros grandes declinan, arrastrados cara ao ocaso pola misteriosa resaca dos tempos, Dostoyevski instalouse no máis alto».<ref>{{cita libro|autor=Ortega y Gasset, José |ligazón-autor=José Ortega y Gasset |título=Ideas sobre la novela |ano=1957 |serie=Obras Completas |localización=Madrid |editorial=Revista de Occidente S.A. |volume=III |páxina=399}}</ref>
== Traxectoria ==
Dostoievski naceu en [[Moscova]] nunha familia orixinaria de [[Belarús]]. Foi o segundo de sete irmáns. O pai, Mikhail Andreievich, era un cirurxián militar retirado que traballaba coma doutor no Hospital Mariinski para pobres en Moscova. O hospital estaba situado nunha das areas máis pobres da cidade, na que se achaban un cemiterio para criminais, un manicomio e un orfanato. Esta paisaxe urbana marcou fondamente a Dostoievski. Malia a prohibición dos seus pais, o futuro escritor gustaba de pasar moitas horas cos pacientes do hospital, escoitando as súas historias. A nai, María Fiodorovna (de solteira Maria Nechaeva) procedía dunha familia de comerciantes.