Editorial de los Bibliófilos Gallegos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vilachan (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Engado ligazón interna.
Liña 40:
 
== Traxectoria ==
En 1949 saíron do prelo os tres primeiros títulos en cadansúa colección: ''Camiños no tempo'' de [[Ramón Cabanillas]], ''El Pórtico de la Gloria'' de [[Ángel del Castillo]] e unha coidada edición facsímile da ''Descripción del Reyno de Galizia'' do [[Licenciado Molina]]. Seguirían logo outros importantes como a novela ''[[A xente da Barreira]]'' de [[Ricardo Carballo Calero]], o ''[[Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores]]'' de [[Antonio Couceiro Freijomil]], o ''Cancioeiro da Poesía Céltiga'' de [[Julius Pokorny]], en versión galega de [[Celestino Fernández de la Vega]] e [[Ramón Piñeiro]], e a reedición facsimilar da ''Relación de Exequias de la Reyna Doña Margarita de Austria'', ademais de varias entregas das monografías de arte ''Obradoiro''.
 
Porén, este pulo inicial –con grande presenza divulgativa e publicitaria na prensa da época, convocatorias de premios, catálogos comerciais etc.- e o ritmo de produción de tres ou catro títulos anuais, só se mantivo ó longo do primeiro quinquenio. Despois decrecería considerablemente. A editorial convocou un certame de ‘novela galega’, aínda que o de ‘galega’ referíase tanto ao tema coma ao idioma. O premio concedeuse en abril do 1950 á obra de Ricardo Carballo Calero, ''A xente da Barreira''.