Diferenzas entre revisións de «Avelino Cachafeiro»

(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
De familia de gaiteiros da [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao [[bombo]]. Formou o grupo de gaiteiros [[Os Gaiteiros de Soutelo]] cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e [[caixa (música)|caixa]]), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o [[pandeiro]]. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
 
En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en [[1924]] (a parte literaria gañouna [[Eladio Rodríguez González]]). En [[1928]] gravaron para a compañía [[Regal]] a "[[Muiñeira de Chantada]]", a "Alborada de Rosalía", a "Muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Heicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman á porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".
 
En 1928 gravaron para a compañía [[Regal]] a "Foliada de Barro de Arén" (solo de gaita e canto), "La Alfonsina" (muiñeira, dúo de gaitas), "Eicho de dar queridiña" (foliada, dúo de gaitas), "A volta da festa" (pasacalles, dúo de gaitas), "Estroupeles-troupele" (muiñeira, dúo de gaitas), "Rianxeira" (foliada, dúo de gaitas), "Fandango de Pontevedra" (dúo de gaitas), "Muiñeira de Chantada" (solo de gaita, A. Cachafeiro), "Foliada de Luxán" (dúo de gaitas), "Farruquiña, chaman á porta" (muiñeira, dúo de gaitas), "Foliada de Tenorio" (solo de gaita e canto), "Alborada de Rosalía de Castro".
 
=== Xiras e retirada ===
Usuario anónimo