Wikipedia:Zona de probas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
limpando a zona de probas
Etiqueta: Substitución
Liña 1:
{{Zona de probas}}
<!-- Non eliminedes o modelo nin este texto. Facede as vosas probas por debaixo desta liña. -->
{{Coord|42|30|36|N|08|31|01|W|display=title}}
'''Galisteo''' é un lugar da parroquia de [[Mañufe, Gondomar|Mañufe]], no concello de [[Gondomar]] na comarca do [[Val Miñor]]. Segundo o [[Instituto Nacional de Estadística|INE]] en 2019 tiña 117 persoas empadroadas (65 homes e 52 mulleres).
== Descrición ==
Atópase a 2 km do centro da vila de Gondomar e a 20 metros de altitude sobre o nivel do mar. Está constituída por un conxunto dunhas 90 leiras que limitan ao sur co barrio de San Sebastián, ao leste fai estrema coa Goldra, ao oeste coa Cruz e ao norte co Lameiro.
== Patrimonio ==
Pousa de Gómez. Nos seus estudos sobre o concello de Gondomar, o arquitecto Antonio Soliño Troncoso destácaa como outra “de tantas casas grandes do municipio practicamente desaparecidas por decadencia económica”. Engade que se atopa “vinda a menos e maltratada por sucesivas reformas, posuíu ata a segunda metade do XX un escudo de armas colocado na fachada, xusto sobre as escaleiras que conducen ao corredor. Algunha vez serviu de escenario cinematográfico.”
Na recollida de toponimia realizada en 2015 polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Gondomar, tamén recolleuse o microtopónimo A Fonte do Gómez, situada a 250 metros dirección sueste da pousa, nun pequeno outeiro.
== Notas ==
↑ "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Consultado o 10/05/2020.