Ante Gotovina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Ante Gotovina''', nado o [[12 de outubro]] de [[1955]] na [[Illa de Pašman]], [[República Federal Socialista de Iugoslavia|Iugoslavia]] (actual [[Croacia]]), é un antigo xeneral do [[Croacia|exército croata]]. Tras pasar 4 anos en paradoiro descoñecido como prófugo da xustiza pola súa actuacíón nas [[guerras iugoslavas]], foi capturado en [[Tenerife]], [[España]] a finais de [[2005]].
 
O [[15 de abril]] de [[2011]] o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] (TPII) declarouno culpábel de [[crimes contra a humanidade]], sendo condenado a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís [[Serbia|serbios]] e a desaparición de varios centos nun (a [[Operación Tormenta]] contra a autoproclamada [[República Serbia de Krajina]], en [[1995]]. Tamén foi condenado por actos de persecución contra a poboación serbia de dito enclave en Croacia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de 250.000 habitantes de [[etnia]] serbia.<ref>Europa Press [http://www.europapress.es/internacional/noticia-tpiy-condena-24-anos-carcel-gotovina-crimenes-contra-humanidad-20110415131658.html El TPIY condena a 24 años de cárcel a Ante Gotovina por crímenes contra la Humanidad]</ref> Con todo, a finais de 2012 a sala de apelación do tribunal anulou a sentencia e absolveuno por falta de probas concluíntes.
 
== Biografía ==
Liña 8:
Na década dos anos [[1970]] Gotovina loitoi durante sete anos no [[Chad]] como membro da [[Lexión Estranxiera Francesa]],<ref>Anos nos que adquiriu a nacionalidade francesa.</ref> e, despois de sufrir unha ferida na cabeza, recuperouse navegando nun [[iate]] polas [[Illas Canarias]]. En [[San Agustín (Gran Canaria)|San Agustín]], en [[Gran Canaria]], fíxose membro dun club de [[paracaidismo|paracaidistas]] e, en [[1982]], foi designado instrutor de comandos en [[América Latina]], cargo co que viaxou por [[Guatemala]], [[Paraguai]], [[Colombia]], [[Arxentina]], [[Chile]] e [[Brasil]].
 
Regresou a [[Croacia]] cando esta, presidida por [[Franjo Tudjman]], proclamou a súa independencia de [[Iugoslavia]], en [[1991]], e se desatatarondesataron as [[Guerra de Croacia|guerras de Croacia]] e [[Guerra de Bosnia|Bosnia]] contra Iugoslavia e, despois, contra [[Serbia]]. O xeneral estivo ao mando en numerosas ofensivas contra os serbios en [[Croacia]] (e en [[Bosnia e Herzegovina|Bosnia]]), entre elas a [[Operación Tormenta]], na que o exército croata reconquistou en cinco días no mes de agosto de [[1995]] o territorio no que a minoría serbia autoproclamara a súa [[República Serbia de Krajina]]. Gotovina foi un dos principais comandantes daquela operación e está considerado por iso un heroe nacional por gran parte dos cidadáns croatas.
 
Segundo a acusación do fiscal do [[TPII]] que levou á súa posterior condena, durante a reconquista de Krajina, e baixo as súas ordes, soldados croatas asasinaron civís, incendiaron aldeas e dispararon contra os que fuxían sen que o xeneral fixera nada por impedilo, nun "intento premeditado de eliminar a poboación serbia de Krajina".<ref>[http://www.elpais.com/articulo/internacional/general/croata/Gotovina/banquillo/acusados/matanza/Krajina/elpepuint/20080311elpepuint_14/Tes El País: El general croata Ante Gotovina, en el banquillo de los acusados por la matanza de la Krajina.]</ref>
Liña 21:
A causa foi instruída o [[11 de marzo]] de [[2008]].<ref>{{Cita web |url=http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 |título=Comienza en La Haya el juicio contra el general croata por crímenes de guerra. |data-acceso=03 de xaneiro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090115131536/http://www.javno.com/en/croatia/clanak.php?id=131027 |dataarquivo=15 de xaneiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref> Na súa acusación inicial, a fiscalía cualificou de "indiscriminados" e "intolerábeis" os ataques á poboación serbia de Croacia en 1995.<ref>[http://www.diariodejerez.es/article/mundo/75367/la/haya/tacha/indiscriminados/los/ataques/gotovina/los/serbios.html Diario de Jerez: La Haya tacha de "indiscriminados" los ataques de Gotovina a los serbios]</ref> Gotovina, xunto cos tamén xenerais [[Ivan Čermak]] e [[Mladen Markač]] foron acusados de "participar nunha acción criminal conxunta destinada a erradicar á poboación serbia da Krajina, utilizando para iso a violencia, a persecución e a destrución das súas propiedades".<ref>El País [http://www.elpais.com/articulo/internacional/general/croata/Gotovina/banquillo/acusados/matanza/Krajina/elpepuint/20080311elpepuint_14/Tes El general croata Ante Gotovina, en el banquillo de los acusados por la matanza de la Krajina]</ref>
 
O [[15 de abril]] de [[2011]] o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] condeounocondenouno a 24 anos de prisión efectiva pola morte de 150 civís [[Serbia|serbios]] e a desaparición de varios centos durante os ataques á [[República Serbia de Krajina]], en 1995. Foi condenado tamén pola persecución contra a poboación serbia, a destrución e o saqueo dos seus bens, así como pola deportación de varios miles de serbios residentes na Krajina.
 
== Absolución ==
O [[16 de novembro]] de [[2012]] o [[TPII]] absolveu a Ante Gotovina dos cargos de [[crime de guerra|crimes de guerra]] e lesa humanidade, revogando a pena de 24 anos de cárcere polos que fora condenado por dito tribunal en [[2011]]. Así mesmo, tamén anulou a condena de 18 anos que se lle impuxera ao antigo xefe da policía croata Mladen Markać por delitos similares. Para os xuíces, non se puido demostrar, como concluíra o tribunal en primeira instancia, que Gotovina e Markać formaran parte dunha "empresa criminal conxunta". Ao coñecer a noticia, [[Serbia]] acusou ao tribunal de aplicar unha "xustiza slectivaselectiva" e de emitir un "veredicto político" e, como xesto de protesta, o goberno serbio decidiu cancelar a súa participación nunha conferencia sobre o legado do TPII oque ase ía celebrar o día [[22 de novembro]] deste ano (2012) en [[Belgrado]].<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2012/11/17/gotovina-recibido-heroe-croacia-tras-absolucion-haya/0003_201211G17P26992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz Gotovina, recibido como un héroe en Croacia tras su absolución en La Haya] Diario ''La Voz de Galicia'', 17/11/2012.</ref>
 
== Notas ==